Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

jueves, 15 de octubre de 2020

Xoves de emoción!

 Lecturitas anda a aprender a identificar as emocións que se agochan nos diferentes textos literarios. Un amigo poeta recomendoulle a lectura da obra "A casa de había unha vez" de Ana Mª Fernández e descubriu este fermoso poema. Saberíades identificar as emocións que se atopan entre os seus versos? Seguro que si! Animádevos a disfrutar da súa lectura e axudar a Lecturitas deixando un comentario identificando as diferentes emocións! Sabedes a que conto fai referencia?. 


Matarile-rile, matarile-rón,

os sete cabritos de branco algodón.

Os sete cabritos querían xogar

á roda rodiña, no verde pinar.

E chegaron novas que o lobo feroz,

quería xantar año con arroz.

 

A mamá cabuxa, mortiña de medo,

pechoulle-la porta co seu tarabelo.

-Non saiades fóra, que nunca se sabe,

eu volverei logo e xa levo a chave.

Pero o lobo malo, que andaba á procura,

a seis deles puxo na barriga escura

Dentro do reloxo, o máis pequeniño,

púidose librar do negro fociño.

E avisou á nai, que era costureira

e, xuntos, abríronlle a tripa tripeira.

Ó sairen todos, brincando contentos,

enchéronlle a panza de pedras a centos

 

Matarile-rile, matarile-rón,

os sete cabritos de branco algodón.

 

 

A casa de había unha vez.  

Ana Mª Fernández.



Poesía, que emoción!

No hay comentarios:

Publicar un comentario