Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

lunes, 28 de octubre de 2024

LECTURITAS NECESITA AXUDA!

 Esta semana Lecturitas visitou todas as clases para contarnos onde estivo no verán e pedirnos axuda para identificar a todos os personaxes que foi atopando na cidade da Coruña. 

Atopábase arrodeado e non sabía quen era ninguén...

Por iso necesita que investiguedes e deixedes as vosas respostas no corredor da biblioteca antes do 2 de decembro.

Preparados para esta nova misión?

 











BENVIDOS A UN NOVO CURSO NA BIBLIOTECA!

Estamos moi emocionados de darvos a benvida a este novo curso escolar.

Xa sabedes que non contamos co espazo para a biblioteca dos cursos anteriores, pero estaremos igualmente con todos vós ofrecéndovos un mundo de aventuras, misterios, coñecemento e diversión.

Lecturitas estrañouvos moito durante o verán e ten moitas cousas que contarvos e moitas sorpresas preparadas.

De momento, xa chegaron as BIBLIOCAIXAS a todas as clases con un montón de libros e contos incribles que preparou. Ademais, este curso podedes realizar os empréstitos directamente nas clases con eles. 







Ata moi pronto!



viernes, 14 de junio de 2024

OS MARTES E XOVES XOGAMOS NA BIBLIOTECA!

 NOS RECREOS DOS MARTES E XOVES DIVERTÍMONOS MOITO NA BIBLIOTECA! Realizamos distintas actividades nas que aprendimos xuntos:

O PASAPALABRA
A RULETA
XOGOS DE PREGUNTAS
KAHOOT…












viernes, 15 de marzo de 2024

1º Xuntanza para contar CHISTES

 Esta é a primeira xuntanza na que contamos chistes, por fin o tempo acompañounos e puidemos reunirnos. Algún e algunha escachou coa risa e acabou tirado/a no chan.

 O vindeiro venres, repetimos!

LECTURITAS ESTÁ MOI CONTENTA POLA VOSA PARTICIPACIÓN!






viernes, 1 de marzo de 2024

CONTA CHISTES! Ha ha ha

orixe: guiainfantil.com

CONTA-CHISTES EN GALEGO!!!!!

Gústache facer rir aos demais ou es un neno ou nena tímido/a? 

Pois é o teu momento para sacar o mellor de ti e facer desfrutar aos demais…

ANÍMATE!

Haberá un pequeno agasallo!

Soamente tes que apuntarte na listaxe da biblioteca e  preparar o teu chiste en galego!

 O venres, 8 de marzo, agardámoste na hora do recreo!