Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

jueves, 29 de abril de 2021

Día contra o Acoso Escolar

 

 O traballo para favorecer a convivencia escolar debe ser continuado e prioritario. Debe comezar desde o inicio da escolarización dos nenos e nenas, a través do fomento das habilidades sociais, valores como a empatía e educación emocional. 

Pero todavía compre  facer visible unha problemática que, de darse, provoca moito sufrimento no alumnado e que entre tod@s debemos traballar para que desapareza: o Acoso Escolar.  Por iso, cada 2 de maio, conmemórase o Día Internacional contra o Acoso Escolar. 

Compartimos con toda a Comunidade Educativa o traballo realizado este curso: información, formación e como producto final un fermoso vídeo realizado polo alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP, dentro do Programa TEI,  para tod@s. 


viernes, 23 de abril de 2021

ALGAS "LA PATRONA"

 

Recordades que o día 8 de marzo, día da muller, estivemos a falar sobre mulleres galegas emprendedoras?

Recordades a Cristina García e as súas empanadas de algas?

Pois... XA TEMOS RESPOSTA a todas as preguntas que lle formulamos.

MOITAS GRAZAS CRISTINA

BO TRABALLO NENOS E NENAS DE SADA Y SUS CONTORNOS




DÍA DO LIBRO

 

FELIZ DÍA DO LIBRO


Hoxe é un día moi especial para Lecturitas e a nosa biblioteca porque como ben sabedes... celebramos O DÍA DO LIBRO.

Queredes saber o motivo desta celebración? Seguide a ler e coñeceredes a súa orixe...


O Día do Libro é un acontecemento anual que se celebra cada 23 de abril co gallo de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor. A orixe do Día do libro remóntase a 1926. O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Por este motivo (entre outros), esta data tan simbólica para a literatura universal foi escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render homenaxe mundial ao libro e aos seus autores, e alentar a todas e todos, en particular aos mais novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a impagable contribución dos creadores ao progreso social e cultural. 



En Cataluña festéxase dun xeito moi especial o Día do Libro, a Diada de Sant Jordi. Sant Jordi é considerado o patrón dos namorados en Cataluña, un heroe protector que, segundo conta a lenda, venceu ao dragón e salvou á princesa, converténdose así nun símbolo do amor e da vitoria do ben sobre o mal. Para celebrar ese día, os homes agasallan cunha rosa vermella á súa parella e as mozas a eles cun libro.

E agora que sabedes o motivo da súa celebración, Lecturitas deixavos aquí no seu blogue a LENDA DE SANT JORDI.



E para rematar... unha foto das vosas reseñas lectoras, grazas por converter os nosos corredores nun mundo máxico #lectura #día do libro #unmundodeletras.



TEMOS MOITO POR LER!!