OBRADOIROS DE RECICLADO DE PAPEL PARA FESTEXAR O DÍA DO LIBRO
Co gallo da celebración do día do libro, ao longo de toda esta semana estivemos a participar nun obradoiro de reciclado de papel.
Demos unha segunda vida a papeis e cartóns que xa non empregábamos elaborando o noso propio papel reciclado.
A partires de aí, decoramos unha porción de papel na que escribimos con pluma o que para nos significaba a lectura e os libros, que acabarán decorando o noso recuncho de Paz.
Non se nos ocorre mellor forma de festexar este día contribuíndo ademáis a coidar do medio ambiente!
(Premede na imaxe para ver máis fotos)