Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

jueves, 15 de septiembre de 2011

Para os máis peques do noso Cole...

Federación Galega de Asociacións de Directivos de Colexios de Ensino Público (FEGADICEP)

Federación Galega de Asociacións de Directivos de Colexios de Ensino Público (FEGADICEP)
R/ Villaldía, 37 – 15706 Santiago de Compostela
CIRCULAR INFORMATIVA DA FEGADICEP ÁS FAMILIAS DE GALICIA
Nos últimos tempos, os traballadores do ensino público estamos aparecendo continuamente nos medios de comunicación, con informacións que de forma tendenciosa e manipuladora, non fan máis que crear crispación e desprestixiar o noso labor.
Os equipos directivos dos centros públicos, como responsables do funcionamento dos colexios, queremos manifestar o seguinte:
  1. É enganoso informar sobre a xornada laboral dos profesores, falando unicamente de horas lectivas: a ampliación destas de 21 a 25, significa que moitas das actividades que se organizan nos colexios, tales como visitas, prensa ou radio escolar, actividades de biblioteca, traballo por proxectos…. etc, vanse ver reducidas, se non eliminadas, ou terán que manterse a conta do esforzo e dedicación voluntaria do profesorado.
Pensamos que tras desta medida hai unha clara intencionalidade de redución da inversión na educación pública.
A pesares de nos manifestar en múltiples ocasións dispostos a colaborar coa Administración Educativa en todo aquilo que afecta á organización e dirección de centros educativos, non fomos tidos en conta en ningún momento pola actual cúpula da Consellería de Educación.
Os distintos órganos nos que participamos – Xunta Autonómica, Xuntas Provinciais, Observatorio de Convivencia- están relegados a reunións con carácter preceptivo e pouco máis.
A pesar de termos solicitado entrevistas co Sr. Conselleiro de Educación, nunca tivo a deferencia de nos recibir.
Respecto á Lei de Convivencia cremos que vai máis nunha liña punitiva que preventiva. Seguimos pensando que a Administración é a única competente en deseñar e publicar os curricula. Cremos que en parte do seu articulado hai unha clara manobra de desprestixar o galego a favor do castelán, lingua dominante e maioritaria en Galicia, e o inglés.
Consideramos que o decreto de plurilingüismo non vai supor que o alumnado consiga unha maior competencia lingüística. A sociedade que renega da súa lingua e cultura será absorbida pola outra e desaparecerá.
En fin, como responsables directos da Administración Educativa, cremos, moi ao noso pesar, que esta Consellería non está fomentado para nada unha educación de calidade, máis ben parece que busca o enfrontamento das familias coas direccións dos centros e co profesorado, creando un clima de crispación insoportable.
En Santiago a 12 de setembro de 2011
A Xunta Directiva da FEGADICEP
CIF: G‐70219977
Nº Rexistro de Asociaciós: 2009/000199‐2

miércoles, 7 de septiembre de 2011

Escola Pública de tod@s para tod@s...



Empezamos el curso...la campaña de desprestigio hacia los profesores ...brutal ...en nuestro cole con un profesor menos y sin profesora de apoyo...de momento...