Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

miércoles, 18 de octubre de 2023

Agasallo de LECTURITAS

 

LECTURITAS deixounos un agasallo a todo o alumnado do noso colexio...

E un pasarporte para cada aula e fermosas chapas para cada un de nós!!!


Lembrade mañá comezan as lecturas!

 " SAWABONA "


A lectura abre as portas do mundo que desexes imaxinar!

martes, 17 de octubre de 2023

APERTURA DA BIBLIOTECA

 

Mañá, día 19 de outubro, ábrese de novo a nosa BIBLIOTECA

Comezamos as lecturas por aulas co conto de SAWABONA... Que nos agardará este curso?

lunes, 16 de octubre de 2023

TARABELO NAS ONDAS... INICIAMOS VIAXE




HOXE LECTURITAS, POR PRIMEIRA VEZ DIRIXIUSE A NÓS A TRAVÉS DO NOSO PROGRAMA DE RADIO TARABELO NAS ONDAS! 

FOI UN MOMENTO INÉDITO, XA QUE NON AGARDABAMOS TAL EVENTO. 

ESTA FOI A CHAMADA QUE NOS FIXO ... PRESTADE MOITA ATENCIÓN 💗💗💗

Facede Clic sobre o micro e poderedes escoitar o noso programa. 

RESPOSTAS RECIBIDAS!


Ola amiguiños e amiguiñas, LECTURITAS xa recibiu as vosas respostas.👏👏👏💜

Moitas grazas por axudarlle a facer memoria e recordar os lugares que visitou a longo deste verán.

Está desexando compartir con vós as súas experiencias e propoñervos a vosa misión deste curso.


Xa escoitachedes no tarabelo que fixechedes un bo traballo. Noraboa!👍👍👍

 
       Coa visita de Lucía, a nosa orientadora, que nos explicou que a nosa mascota estivera de viaxe durante o verán, encargounos dita misión: descubrir os países, as cidades ou continentes... que visitou Lecturitas. Lucía, confirmounos que o proxecto deste ano no cole é sobre a INTERCULTURALIDADE

      Así que, aprenderemos moito sobre os países de todo o mundo, a súas culturas, a gastronomía, a cor das súas bandeiras, os monumentos máis relevantes, etc… Pero o máis importate é que aprenderemos a respectar todas as culturas do mundo e entenderemos a importancia de que exista unha convivencia pacífica entre elas

PD: non vos esquezades do conto que leu Lucía na clase: CAMIÑO Á ESCOLA

       Que sorte temos de ter un cole como o noso!! 
      
       O noso lema esta semana podería ser: VALORA E VALÓRATE!!!✌✌✌💛