Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

miércoles, 13 de diciembre de 2023

A lectura ten unha maxia especial...como o Nadal!!!!!

 

Felicidades ao alumnado de 5º e 6º curso pola súa dedicación como colaboradores/as da biblioteca.

Lecturitas está moi contento, pois encántalle ver aos nenos e nenas gozando coa lectura.

miércoles, 8 de noviembre de 2023

DAMOS COMENZO AOS EMPRÉSTITOS NA BIBLIOTECA!

 


LECTURITAS QUERE LEMBRARVOS QUE XA PODEDES EMPRESTAR LIBROS NA BIBLIOTECA


O alumnado de 5º e 6º de primaria serán os encargados de realizar os empréstitos, e de colaborar noutras tarefas.





P.D: << El que ama a la lectura, tiene todo bajo su alcance>>

                                                                            William Godwin

miércoles, 18 de octubre de 2023

Agasallo de LECTURITAS

 

LECTURITAS deixounos un agasallo a todo o alumnado do noso colexio...

E un pasarporte para cada aula e fermosas chapas para cada un de nós!!!


Lembrade mañá comezan as lecturas!

 " SAWABONA "


A lectura abre as portas do mundo que desexes imaxinar!

martes, 17 de octubre de 2023

APERTURA DA BIBLIOTECA

 

Mañá, día 19 de outubro, ábrese de novo a nosa BIBLIOTECA

Comezamos as lecturas por aulas co conto de SAWABONA... Que nos agardará este curso?

lunes, 16 de octubre de 2023

TARABELO NAS ONDAS... INICIAMOS VIAXE




HOXE LECTURITAS, POR PRIMEIRA VEZ DIRIXIUSE A NÓS A TRAVÉS DO NOSO PROGRAMA DE RADIO TARABELO NAS ONDAS! 

FOI UN MOMENTO INÉDITO, XA QUE NON AGARDABAMOS TAL EVENTO. 

ESTA FOI A CHAMADA QUE NOS FIXO ... PRESTADE MOITA ATENCIÓN 💗💗💗

Facede Clic sobre o micro e poderedes escoitar o noso programa. 

RESPOSTAS RECIBIDAS!


Ola amiguiños e amiguiñas, LECTURITAS xa recibiu as vosas respostas.👏👏👏💜

Moitas grazas por axudarlle a facer memoria e recordar os lugares que visitou a longo deste verán.

Está desexando compartir con vós as súas experiencias e propoñervos a vosa misión deste curso.


Xa escoitachedes no tarabelo que fixechedes un bo traballo. Noraboa!👍👍👍

 
       Coa visita de Lucía, a nosa orientadora, que nos explicou que a nosa mascota estivera de viaxe durante o verán, encargounos dita misión: descubrir os países, as cidades ou continentes... que visitou Lecturitas. Lucía, confirmounos que o proxecto deste ano no cole é sobre a INTERCULTURALIDADE

      Así que, aprenderemos moito sobre os países de todo o mundo, a súas culturas, a gastronomía, a cor das súas bandeiras, os monumentos máis relevantes, etc… Pero o máis importate é que aprenderemos a respectar todas as culturas do mundo e entenderemos a importancia de que exista unha convivencia pacífica entre elas

PD: non vos esquezades do conto que leu Lucía na clase: CAMIÑO Á ESCOLA

       Que sorte temos de ter un cole como o noso!! 
      
       O noso lema esta semana podería ser: VALORA E VALÓRATE!!!✌✌✌💛

jueves, 21 de septiembre de 2023


  ATENCIÓN, ATENCIÓN!!!!!!!!   🔊🔊🔊🔊

 A NOSA BIBLIO ESTÁ A PUNTO DE ABRIR AS SÚAS PORTAS, NESTE NOVO CURSO 2023-2024


   Este ano, LECTURITAS desexa que todos os nenos e nenas do CEIP SADA Y SUS CONTORNOS sexan grandes lectores 👀📃e tamén grandes oradores👨👅👩...


   Así que, estade moi atentos a súa próxima apertura, xa que nos esperan moitas aventuras que vivir coa nosa MASCOTA arrodeados de fermosos libros cheos de historia, maxia, creatividade...

 Ahhh! esquecíame, deixamosvos un DEBUXO-PISTA sobre o traballo que desenvolveremos este ano no cole e outra imaxe da biblio con outra pequena PISTA:



      Xa sabedes de que vai?   Que listiños sodes!!!! 

     Ata pronto amiguiños!

martes, 9 de mayo de 2023

DÍA DO LIBRO E ACOSO ESCOLAR

 No cole traballamos a temática do Acoso Escolar coa lectura de diferentes libros relacionados coa mesma.

Nas aulas fixemos unha reseñas sobre eles.

Clicade sobre a imaxe para velas.








lunes, 8 de mayo de 2023

LETRAS GALEGAS 2023

 Este ano polas nosas letras rendemos  homenaxe a FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO.


Neste enlace tedes diferentes actividades para coñecer máis sobre a súa vida e obra.



ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO

 Para a conmemoración do día do libro, os nosos alumn@s máis maiores exerceron de padriños e madriñas lectoras dos seus compañeir@s.

Compartímosvos unhas fotos para que vexades a experiencia.




Os alumnos e alumnas de 4º e 5º co tutorando de alumnado de 6º tamén quixeron render homenaxe ao libro, pero esta vez enfocándoo dende o teatro.

Aquí vos deixo as fotas da súa obra "Soy un artista".



martes, 25 de abril de 2023

2 maio: Día internacional contra o acoso escolar

 Temos na biblio unha pequena selección de libros sobre a temática do acoso escolar, pasade a coñecelos.

Outros libros que se están a traballar dende as titorías sobre esta temática son os seguintes:



jueves, 20 de abril de 2023

Semana do libro 17-21 abril

Animámoste a pasar un ratiño entretid@ na biblioteca lendo algún dos libros que renovamos no expositor.
Fai que os libros formen parte da túa vida!!!
Tódolos días son o Día do libro.



miércoles, 8 de marzo de 2023

8 Marzo: Día Internacional da muller

 Ola amig@s!!!

Por se non vos fixastes, na biblioteca temos uns estantes adicados ás mulleres.

Mergulládevos entre os libros para coñecer moitas historias interesantes. Vale a pena!



martes, 28 de febrero de 2023

miércoles, 15 de febrero de 2023

23 de febreiro: Día de Rosalia

 A vindeira semana conmemoramos o día de Rosalia.

Xa podedes consultar na biblioteca  bibliografía sobre esta autora tan importante da literatura galega.




martes, 7 de febrero de 2023

Animación lectora: Visita de Mary Poppins

 O pasado xoves 2 de febreiro na nosa biblioteca tivemos unha visita moi especial.

Directamente dende Illa Fantasía, Mary Poppins ,chegou ao noso cole para facernos pasar un ratito moi divertido coas súas cancións, fórmulas máxicas e o seu característico bolso e paraguas.

Pasámolo moi ben.

Déixovos algunhas fotos