Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

martes, 31 de marzo de 2020

O cazo de Lorenzo

Todos/ as temos algo que nos custa máis, que nos custa menos, que se nos dá mellor ou peor ou algo que cargamos connosco por diferentes motivos.

Con palabras simples e unhas ilustracións tenras e divertidas, a autora recrea o día a día de Lorenzo, un neno que ten que arrastrar un cazo vermello sempre xunto a el: as súas dificultades, as súas calidades, os obstáculos que ten que afrontar.

Fai clic na imaxe para ver o libro

Película

lunes, 30 de marzo de 2020

Lecturas gratuitas online

Como sabedes, é moi importante dedicarlle todos os días un tempo á lectura. Para axudarvos na selección dos vosos libros, dende a biblioteca do cole propoñémosvos unha pequena selección de lecturas para facer nestes días. Facendo clic nas imaxes poderedes acceder aos libros.

Los pollitos van al colegio: (3-6 anos).Seis simpáticos pitos protagonizan estas historias cheas de humor, onde as travesuras están aseguradas e parece que meterse en leas é inevitable.


Feliz Feroz: O lobiño riquiño: (A partir de 6 anos) A irmá de Lobo Feroz está moi preocupada porque o seu fillo non é feroz: é boísimo. Feroz dille que o mande uns días para a súa casa, que xa se encarga el de convertelo nun lobo de verdade. Lobiño visita o seu tío e tenta facer o que lle pide: cazar coellos, asustar a Carapuchiña, comer os tres porquiños... Pero nunca o fai ben: comparte unha ensalada cos coellos, faise amigo de Carapuchiña e ponse a xogar cos tres porquiños. Este lobiño é un desastre


Fred Quincalla, o nómade do mar: (A partir de 8 anos) Esta é unha das moitas historias de Leopolda Diéguez, fascinante narradora e facedora de artes máxicas. Viaxeira por curiosidade e necesidade, un día Leopolda deu co Gran Gogol, un cociñeiro aprendiz de violinista e fuxitivo da inxustiza. Desde entón os dous viaxan xuntos no barco de Leopolda, dando espectáculos musicais en cada lugar ao que chegan e disfrazados para pasaren inadvertidos. Non é para menos: un rei e mais unha duquesa andan tras deles.


Vaia tropa!: (A partir de 9 anos) Vaia tropa! é un libro de poesía do absurdo, do sen sentido, e está pensado para ser lido de formas diversas. Hai poemas que terás que ler de esguello e noutros precisas usar un espello e así poder ler do verso o reflexo. Como non era cousa de poñer só letras alguén debuxou algunhas caretas. E como os debuxos están contrafeitos usarás o espello para velos con xeito. Ao final do libro convidámoste a que inventes algún compañeiro para toda esta xente. Trátase, xa que logo, dun libro xogo, no que a sorpresa da lectura e das ilustracións conforman un conxunto que non pasará desapercibido ao lector.

domingo, 29 de marzo de 2020

Astérix y Obélix

Como homenaxe e recordatorio aos creadores de Asterix e Obelix (Goscinny e Uderzo) aquí tedes unhas propostas relacionadas cunha das series máis famosas e coñecidas de cómics da historia.

                                                                 Páxina web oficial                                                                    
  

                  Astérix. Obélix y compañía                                 Astérix. Los Juegos Olímpicos
                                          

                            Colorea on line                                                  Xoga cos personaxes  
                                                      

                       Xogo de memoria                   PELÍCULA: Astérix. La residencia de los Dioses
                              


viernes, 27 de marzo de 2020

Acordámonos de ti

Nestes momentos tan difíciles, proponémosvos unha actividade para tentar axudar un pouco a aquelas persoas que agora están ingresadas nun hospital.

Facede debuxos ou cartas para trasmitirlles o voso apoio, ánimo e cariño. Despois envíaos á:
compartindoilusion@sadaycontornos.es

Nós farémosllos chegar ao persoal do hospital que os imprimirá e repartirá diariamente entre os/as pacientes ingresados/as. Podedes enviar todos os que queirades.

jueves, 26 de marzo de 2020

Actividades e descargables

Aquí tedes varias propostas de actividades para descargar e realizar nas vosas casas. Facer clic nas imaxes e poderedes acceder a elas.
Actividades sobre o mundo

Ideas para os que aman os libros

Mans á terra


Revista "Al abordaje"

Colorea a Zipi e Zape

Colorea a Vampi



martes, 24 de marzo de 2020

Os Futbolísimos

Propoñémosvos unha chea de xogos e novos misterios para que os sintades como os/as protagonistas dos Futbolísimos.

sábado, 21 de marzo de 2020

Actividades para facer na casa

Nestes días o máis importante é a nosa saúde, coidarnos moito e seguir as recomendacións que nos fagan os adultos. Lecturitas, que sempre está a pensar nas nenas e nenos do noso cole, proponnos unha serie de entretidas actividades que nos axudarán durante estes días na nosa casa.

Conto que explica aos máis pequenos a enfermidade e o illamento

Ideas creativas para entretenerse na casa

Visitas virtuais de marabillas do mundo

Visita os mellores museos do mundo

Visita 50 parques 

Recursos creativos

Preséntavos unha serie de ferramentas e enlaces para que os nenos e nenas creen contos, historias, comics, poesías...  Facede clic nas imaxes e coñeceredes en que consisten.








Contos na web

Son moitas as webs para contos infantís que podemos atopar, páxinas con recursos para nenos/as ou familias, con historias ordenadas por valores ou por personaxes. Contos que poderás ler ou ben audiolibros ou videolibros para que eles mesmos vexan ou escoiten a historia. Aquí tedes algunhas propostas:

Pequeocio
  

Mundo Primaria

Cuentos Cortos

Cuentosinfantilescortos

WeebleBooks


PlanetadeLibros