Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

miércoles, 19 de diciembre de 2012

En decembro: a costa, a praia e as marismas.

Durante o mes de decembro, no recuncho de Voz Natura da biblioteca, atoparedes o panel do hábitat da costa, a praia e as marismas. Cada vez que leves un libro da biblioteca para ler, daranche de regalo un dos seis cromos deste hábitat. Seguro que os coleccionades todos!


sábado, 15 de diciembre de 2012

O lobo vermello.

A historia dun pequeno can que se cría con lobos e aprende a ser un máis da manda. Non obstante, é ferido nunha cazaría contra eles e lévano á casa dunha acomodada familia cuxa filla consegue salvalo, converténdose na súa amiga. Ela prometeralle que cando a súa vida chegue ao final, o levará ao barranco onde xacen os lobos mortos, tamén a súa nai loba.

O lobo vermello foi Premio Alemán de Literatura Infantil.

"... é un delicado canto ao respecto pola natureza así como unha alegación á dignidade dos seres vivos, sexa cal sexa a súa condición; as súas marabillosas imaxes de traxos suaves e que alternan o movemento máis frenético coa quietude máis emotiva son a maior homenaxe que se pode facer á vida en todas as súas manifestacións."
(Revista Babar)



  • O lobo vermello (El lobo rojo)
  • Friedrich Karl Waechter.
  • Número de páxinas: 64 a toda cor.
  • Encadernación: cartoné.
  • Formato: 22,3 x 28 cms.
  • ISBN: 978-84-96646-71-1
  • Idade: dende 8 anos.

miércoles, 12 de diciembre de 2012

Bonita é a vida.

Saben que existe para cada persoa unha xirafa con ás, disposta a facelos
                   explorar o seu país, o seu continente, o seu universo...
                           pero sobre todo o seu corazón? Sabíano?
                                        Intuíano? Imaxinábanseo?
                                                    Nooooooo?


Esta é a historia de violeta, unha nena de enormes ollos, que vive nun lugar remoto en África e a quen algo marabilloso lle aconteceu un día... algo que o fará coñecer a beleza do seu país, do seu pobo e dos seres humanos que, como ela, saben apreciar o marabillosa que é a vida.

Un conto que nos fala de solidariedade, xenerosidade e da beleza que se esconde no noso interior. Unha viaxe cara ao corazón de África e ao de todos os que seguen descubrindo ese neno que levamos dentro.


Un conmovedor conto cuxa inspiración naceu dunha anécdota real:

Un día, un misionero que ía no seu jeep polos camiños de Pokot, parouse a comprar nun poboado, o que suscitou que tres mozas pequenas kenyanas se achegasen ao coche para mirarse no seu retrovisor e así presumir dos seus colares e pinturas. Cando o misionero as vio, se achegou a unha delas e díxolle "Que bonita es!" ao que a nena contestou moi seria "Bonita eu? Bonita é a vida!"

Autora: Ana Eulate
Ilustradora: Nívola Uyá
ISBN: 9788415619253
Web: http://www.bonitaeslavida.com/
Web (Cuento de Luz): http://esp.cuentodeluz.com/bonita-es-la-vida/

A autora cede o seus ingresos á Fundación Vipeika co fin de realizar proxectos de nutrición e educación en Kenia.
Nenos da escola Conto de Luz School en Pokot (Kenya) 
construída pola Fundación Vipeika.

miércoles, 5 de diciembre de 2012