Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.
No día de hoxe, xa a piques de rematar o presente curso escolar, Lecturitas está emocionado co resultado final das aprendizaxes acadadas a través do proxecto MIS+.
Por este motivo preséntavos o decálogo elaborado polo alumnado do terceiro ciclo en contra dos estereotipos de xénero.
Cómpre destacar que as imaxes foron elaboradas polos nenos e nenas na súa visita ao CIEC (Centro Internacional Estampa Contemporánea).
Lecturitas felicita hoxe a todos os nenos e nenas da escola pola súa participación na actividade do proxecto MIS+ "Mulleres Científicas".
Gustáronlle tanto os vosos traballos que decidiu facer unha composición con todos eles e compartilos para que toda a comunidade educativa poida aprender das vosas investigacións.
Se facedes clic sobre os ollos violetas desta imaxe, accederedes aos traballos realizados polo alumnado.
Disfrutadeos porque son realmente unha obra de arte e coñecemento.
Fai un tempo o alumnado de 5º e 6º de Primaria reescribiron as historias da "Cincenta" e a "Sireniña", convertendo estos clásicos en contos igualitarios.
O resto do alumnado da nosa escola foron os ilustradores, e agora aquí tedes o resultados das vosas obras en equipo.
Hoxe Lecturitas síntese azul, como o Monstruo de Cores, síntese triste e non sabe moi ben que facer. Ímoslle a axudar
"A tristeza é unha emoción que che fai sentir co estado de ánimo baixo. Sínteste abatido e pesimista e non tes gañas de facer cousas nin de ver a ninguén. Invádete unha pena e podes chorala ou non facelo, e sentila por dentro. Tamén podes sentir dor interno, insatisfación, desesperanza...
Hay moitos graos e tipos de tristura. Por exemplo: si se mesturan cos recordos dun pasado mellor dicimos que é nostalxia; se é vaga, sombría ou sosegada, melancolía; si se ancla, faise máis profunda e se complica, depresión. "
Laberinto del Alma de Anna Llenas.
Un dos mellores libros para traballar esa tristeza profunda e complicada é "Vacío", da mesma autora.
A autora nos ensina, a través deste fermoso albume que debemos mirar no noso interior para superar o vacío que podemos sentir nun momento dado e procurar a conexión cos demáis. Para escoitar o conto completo pinchade aquí .
Para poder entender ben este sentimento e como tratalo para que non afonde no noso corazón desde a Biblio compartimos unha serie de contos e propostas paramedrar emocionalmente.
Chega unha nova e última entrega de actividades do proxecto MIS+
Esta vez Lecturitas propón dúas actividades sinxelas para dar fin ao noso traballo neste curso. Conta coa vosa participación. É moi importante para él e para nós. Animádevos e participade. Son tarefas doadas. Prestade atención.
Actividade 1:Ver o vídeo de presentación dunha muller galega referente na nosa música: Bea a de Estrella, para así poder coñecela, de igual xeito que fixemos con Susana Seivane.
Depois debedes formular unha pregunta para ela: Podedes preguntar pola súas inspiracións, pola súa nenez, polo seu amor á música galega, pola loita que fai a favor da igualdade de xénero, polas súas composicións… o que vós queirades.
A pregunta que queirades facer mandala ao correo noeliarodriguez@sadaycontornos.es indicando nome e curso.
Actividade 2: Mulleres científicas
Nesta segunda actividade o traballo que Lecturitas vos pide é realizar un collage, debuxo, escritura e decoración dun nome, mural... é dicir un obra pictórico/artísitca libre sobre algunha científica.
Para facelo deixavos as seguintes instruccións e materiais segundo o voso curso:
Educación Infantil: Coñecerá a Marie Curie a través da seguinte canción. Logo de escoitala poderá facer a súa obra.
1º e 2 de Educación Primaria: Coñecerán científicas diversas a través do seguinte material. Clicade na imaxe e descargaredes un documento que vos presenta a mulleres de ciencia relevantes. Unha vez seleccionades a vosa favorita, faredes a obra sobre ela.
3º e 4º Educación Primaria: Coñecerán diferentes científicas a través da lectura do cómic que vos achega Lecturitas. Seleccionarán a súa favorita e farán o traballo artístico sobre esta. Facede clic sobre a imaxe e descargaredes o cómic no voso dispositivo.
5º e 6º Educación Primaria: Coñecerán mulleres científicas da nosa terra, seleccionarán a que máis lles guste e farán a súa obra en base a ela. Facendo clic na seguinte imaxe, accederedes ao material que precisades.
💜TEDES ATA O 15 DE XUÑO PARA ACHEGAR AS VOSAS PREGUNTAS A BEA A DE ESTRELLA E AS VOSAS OBRAS SOBRE AS CIENTÍFICAS💜
Como o noso alumnado estivo inmerso neste curso nun proxecto de igualdade de xénero baixo o título MIS+ (Máis que un museo de Igualdade en Sada y sus Contornos) e coñeceron a importancia de dar visibilidade ás mulleres científicas, investigaron sobre moitas delas, descubriron a súa labor... dende o blogue de biblioteca queremos transmitir unha mensaxe:
NORABOA! SODES UN EXEMPLO A SEGUIR!
<<POR UN MUNDO EN IGUALDADE>>
Aproveitando a nosa felicitación, deixamos para os nosos nenos e nenas este recurso que sabemos aproveitarán e servirá para que trasladen as súas casas, as súas familias, ao seu entorno... todos os seus coñecementos sobre muller e ciencia.
Trátase dun xogo de cartas que podedes imprimir.
Facede Clic sobre a imaxe e accederedes as instruccións precisas para poder utilizalo.