Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

jueves, 28 de mayo de 2020

Xoves de Emoción III

MEDO

Cando sintes medo, unha emoción intensa percorre o teu corpo e alértate dun perigo. Pode ser grande ou pequeno, real ou imaxinario, consciente ou inconsciente, pero afectarate e farate reaccionar dalgún xeito para te protexer. E tenderás a facer dúas cousas: atacar ou fuxir.
Atacar é cando te enfrentas ao medo ou á situación, cando tomas unha actitude activa.
Fuxir é o contrario, cando intentas evitar a situación a toda costa; tomas unha actitude pasiva se esquivas, negas, pos excusas, esqueces, rexeitas...
"Laberinto del Alma" de Anna Llenas.

Un dos contos de medo favorito de Lecturitas é A Bruxa Regañadentes. Disfrutade do conto e observade como reaccionan os seus protagonistas ante o medo.






É moi importante que aprendamos a superar os nosos medos. Valentía, prudencia e imaxinación son os tres ingredentes básicos para enfrentarnos aos nosos temores e, como para todo, os libros son o noso gran aliado. Deixamos aquí unhas recomendacións por si as precisades.


miércoles, 27 de mayo de 2020

Un pouco de historia

E para hoxe compartimos con todos e todas libros "geniales" de historia. A través da lectura destes libros virtuais "Los cuentos de Lidia" sw Inma Palomares, Javier Muñoz e Jerónimo Agüero descubriredes aspectos da Idade Antigua e Idade Media e teredes que ir resolvendo os retos que se vos presentan.

lunes, 25 de mayo de 2020

Contos en Cuarentena


Nestos días de encerro nas nosas casas, moitas editorias, aplicacións... puxeron á nosa disposición recursos varios para todas as idades e poder así pasar o tempo do mellor modo posible: lendo (so, en familia, online, en papel, lecturas interactivas, xogos lectores...)

Den a biblioteca recollemos os seguintes recursos que pensamos poden ser do voso interese:


  • Desafío Leer 2020: Recurso con acceso gratuito a lecturas, xogos, biblioteca dixital...

  • Amanuta: Editorial que ofrece en aberto lectura infantís para Google Play e APP Store. 

  • Conto Ilustrado: "Secreto de Familia" historia dunha nena que descobre que a súa nai en realidade é un porcoespín. 


jueves, 21 de mayo de 2020

Xoves de EMOCIÓN II



Un dos contos preferidos de Lecturitas é " CONTOS DE RATIÑOS" de Arnold Lobel. Neste libro o papá rato conta aos seus ratiños historias que emocionan e que nos axudan a adquirir competencias emocionáis básicas (consciencia emocional, regulación emocional, autonomía emocional, habilidades para a vida...).

O Pozo dos Desexos é o primeiro dos contos que podedes atopar. Pinchade na imaxe para disfrutar da súa lectura.

O interés, sorpresa, desilusión, tristura, desacougo, ledicia, empatía... son algunhas das emocións que atoparedes na súa lectura.


Moitas veces, as persoas que temos preto pregúntannos que nos pasa porque ven nas nosas caras, voces ou corpo sinais que non son habituais en nós. Facer isto, darse conta de que algo pode estar a pasar, é ter empatía. Agora que estamos na casa, propoñémosvos un reto: 
CADA DÍA DA SEMANA INTENTA AVERIGUAR COMO SE SINTEN OS MEMBROS DA TÚA FAMILIA...SIN PREGUNTARLLO. SEREDES CAPACES?









lunes, 18 de mayo de 2020

Libros Infantiles Gratuitos

Estimadas familias e alumnado:

Neste luns a proposta do blogue de biblioteca é presentavos unha páxina chea de recursos de gran utilidades para os nenos e nenas da nosa escola.

Trátase dun espazo que conta cun proxecto educativo no que todas as versións dixitais dos libros son de descarga gratuita. Estamos seguros de que poderedes sacarlle moito partido.

Navegade polas súas pestanas e non desaproveitedes a posibilidade de acceder a todas e cada unhas das historias propostas, clasificadas por idade e xénero. 

miércoles, 13 de mayo de 2020

Ricardo Carvalho Calero

O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano está adicado a Ricardo Carvalho Calero, ferrolano historiador da nosa lingua, crítico literario, filólogo, poeta, novelista... gran defensor do idioma galego e a nosa cultura. 
Para aprender sobre el, a súa vida e obra podedes pinchar nas imaxes. 



Na seguinte imaxe atoparedes máis recursos para seguir a aprender e  xogos divertidísimos. Pinchade nos diferentes enlaces para descubrilos. 



martes, 12 de mayo de 2020

MIS+ NA DISTANCIA

Queridos nenos, nenas e familias:

Seguro recordades que estivemos a traballar moito neste curso no noso proxecto de igualdade MIS + (máis que un museo de igualdade en Sada y sus Contornos).

Fixemos unha chea de fermosos traballos colaborativos, (sodes uns artistas!) e aprendemos sobre a necesidade de respecto, empatía, igualdade...

Agora que estamos lonxe Lecturitas pide axuda para dar continuidade a este proxecto. Conta con vós! E a súa proposta é...

1. Ver o vídeo de presentación dunha muller galega referente na nosa música: Susana Seivane, para coñecela un pouquiño máis.


2. Formular unha pregunta para ela: Podedes preguntar pola súa carreira musical, pola súa nenez, polo seu amor á música galega, pola loita que fai a favor da igualdade de xénero… o que vós queirades.

A pregunta que queirades facer debedes mandala ao correo noeliarodriguez@sadaycontornos.es indicando o voso nome e curso, ou podedes deixalas, indicando nome e curso nos comentarios desta publicación.

💜Estamos desexando recibilas… Haberá sorpresa!💜

domingo, 10 de mayo de 2020

#EnSadaysusContornoslemosnacasa

Coas fotografías aportadas para a actividade #SadaysusContornoslemosnacasa elaborouse o seguinte vídeo. Moitas grazas a todos e todas por participar.

Esperamos que ao ver o vídeo animédesvos a seguir lendo.

jueves, 7 de mayo de 2020

Xoves de EMOCIÓN!

Neste primeiro xoves do mes de maio, o mes das frores, o mes das Letras Galegas, imos emocionarnos co.... AMOR.

Amor aos nosos, amor á vida, amor á terra, amor á lingua....

Disfrutade do fermoso poema de Álvaro Cunqueiro "Quen puidera namorala" con música de Batallán, adaptado a pictogramas por Alba Pérez


Que significa AMAR? Que emocións están relacionadas? Que sentimos cando amamos?

A Editorial Palabras Aladas conta cun montón de libros interesantísimos para desenvolver nos rapaces e rapazas a intelixencia emocional e ao comezo do confinamento fixo un fermoso xesto de amor, compartindo libremente a súa obra AMAR. Podedes ler cada día unha páxina en familia. se pinchades na imaxe podedes acceder ao libro para descargar.



Neste mes de maio, plantemos as sementes da árbore do amor nas nosas casas.
 Falade  de cada unha das palabras relacionadas co AMOR.

O amor que sinte un pai ou unha nai polos seus fillos e fillas é infinito.A través deste fermosísimo conto, "Adiviña canto te quero" de Sam MacBratney, poderemos compartir ese AMOR cos nosos fillos e fillas  cada vez que o lemos. Pinchade na imaxe para escoitar o conto


                                                                                                                

Para os máis maiores recomendamos para a hora de ler  "Alquiler de emociones", libro escrito por Carolina Hughers e ilustrado por Lorena Ruiz (De los cuatro vientos). A través de relatos curtos podemos adrentarnos no mundo das emocións. Este fermoso libro comeza cunha historia de amor.
 Animádevos a namorarvos dos libros.

lunes, 4 de mayo de 2020

Na casa... coas TIC


NA CASA... COAS TIC

Hoxe traemos ao blogue de Biblioteca algunhas aplicacións TIC que os pequenos lectores poden empregar como recurso educativo e de lecer.S Son aplicacións sinxelas de usar pero de gran interese.


  • Pictocuentos: Partindo da motivación dos contos e o emprego de imaxes (pictogramas) axudamos aos máis cativos a comprender o mundo que os rodea. 


  • Pictojuegos: Divertidos, sinxelos e educativos xogos apoiados en pictogramas.

  • WikiPicto: Diccionario de imaxes (pictograma).