Amor aos nosos, amor á vida, amor á terra, amor á lingua....
Disfrutade do fermoso poema de Álvaro Cunqueiro "Quen puidera namorala" con música de Batallán, adaptado a pictogramas por Alba Pérez
Que significa AMAR? Que emocións están relacionadas? Que sentimos cando amamos?
Neste mes de maio, plantemos as sementes da árbore do amor nas nosas casas.
Falade de cada unha das palabras relacionadas co AMOR.
O amor que sinte un pai ou unha nai polos seus fillos e fillas é infinito.A través deste fermosísimo conto, "Adiviña canto te quero" de Sam MacBratney, poderemos compartir ese AMOR cos nosos fillos e fillas cada vez que o lemos. Pinchade na imaxe para escoitar o conto
Para os máis maiores recomendamos para a hora de ler "Alquiler de emociones", libro escrito por Carolina Hughers e ilustrado por Lorena Ruiz (De los cuatro vientos). A través de relatos curtos podemos adrentarnos no mundo das emocións. Este fermoso libro comeza cunha historia de amor.
Animádevos a namorarvos dos libros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario