Lecturitas anda a aprender a identificar as emocións que se agochan nos diferentes textos literarios. Un amigo poeta recomendoulle a lectura da obra "A casa de había unha vez" de Ana Mª Fernández e descubriu este fermoso poema. Saberíades identificar as emocións que se atopan entre os seus versos? Seguro que si! Animádevos a disfrutar da súa lectura e axudar a Lecturitas deixando un comentario identificando as diferentes emocións! Sabedes a que conto fai referencia?.
Matarile-rile,
matarile-rón,
os sete cabritos de
branco algodón.
Os sete cabritos querían
xogar
á roda rodiña, no verde
pinar.
E chegaron novas que o
lobo feroz,
quería xantar año con
arroz.
A mamá cabuxa, mortiña
de medo,
pechoulle-la porta co
seu tarabelo.
-Non saiades fóra, que
nunca se sabe,
eu volverei logo e xa
levo a chave.
Pero o lobo malo, que
andaba á procura,
a seis deles puxo na
barriga escura
Dentro do reloxo, o máis
pequeniño,
púidose librar do negro
fociño.
E avisou á nai, que era
costureira
e, xuntos, abríronlle a
tripa tripeira.
Ó sairen todos,
brincando contentos,
enchéronlle a panza de
pedras a centos
Matarile-rile,
matarile-rón,
os sete cabritos de
branco algodón.
A casa de había unha
vez.
Ana Mª Fernández.
Poesía, que emoción!
No hay comentarios:
Publicar un comentario