Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

lunes, 28 de octubre de 2024

BENVIDOS A UN NOVO CURSO NA BIBLIOTECA!

Estamos moi emocionados de darvos a benvida a este novo curso escolar.

Xa sabedes que non contamos co espazo para a biblioteca dos cursos anteriores, pero estaremos igualmente con todos vós ofrecéndovos un mundo de aventuras, misterios, coñecemento e diversión.

Lecturitas estrañouvos moito durante o verán e ten moitas cousas que contarvos e moitas sorpresas preparadas.

De momento, xa chegaron as BIBLIOCAIXAS a todas as clases con un montón de libros e contos incribles que preparou. Ademais, este curso podedes realizar os empréstitos directamente nas clases con eles. 







Ata moi pronto!



No hay comentarios:

Publicar un comentario