Para fomentar un axeitado desenvolvemento afectivo, cognitivo e social son fundamentais a identificación e expresión emocional, a empatía e autoestima, o autocontrol, saber tomar decisións e actitudes positivas, presentar habilidades de interación, autoafirmación e oposición asertiva, xunto a creatividade.
Os libros sempre son un magnífico recurso para aprender; a lectura compartida desde idades temperás fomentará o xeitado desenvolvemento destes aspectos nos rapaces e rapazas.
O Departamento de Orientación recolle unha proposta bibliográfica para aprender a identificar e expresar as nosas emocións.
Ademáis todos os xoves compartiremos con vós libros e propostas para emocionarnos e desenvolver a nosa intelixencia emocional. Esperamos que vos gusten.
No hay comentarios:
Publicar un comentario