Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

sábado, 11 de mayo de 2013

Encontro cun ilustrador: Carlos Silvar.

Carlos Silvar é un dos mellores ilustradores que temos en Galicia. O venres veu ao noso colexio a presentarnos o seu último libro: O Carballo. Mostrounos as ilustracións do libro e foinos contando os segredos da árbore máis maxestuosa e lonxeva da nosa terra. Algúns exemplares mesmo chegan aos 900 anos.
Aprendimos moitas cousas sobre a importancia que ten preservar estas árbores e os bosques que forman: as fragas.
Ao remate fíxonos unha bonita dedicatoria no libro que temos no rincón Voz Natura da biblioteca do noso co
lexio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario