En Afganistán, dende a chegada dos talibáns, as nenas tiñan prohibido ir á escola, e as mulleres tiñan prohibido saír da súa casa sen ir acompañadas por un home da súa familia.
Esta é a historia real dunha nena chamada Nasreen. A raiz da desaparición dos seus pais Nasreen deixa de falar e a súa avoa decide levala a unha escola secreta. Grazas a ela, Nasreendescubrirá novos horizontes e compartirá as súas experiencias con outras nenas.
A pequena Nasreen leva o medo pintado no rostro. Tivo que vivir moi malas experiencias á súa curta idade e nada a fai feliz. Nunca sorrí, sempre está triste e taciturna. Os seus pais desapareceron, vítimas da barbarie dos gobernantes do seu país. E á súa avoa, para solucionalo, ocórreselle algo, que pode ser moi perigoso, pero que para a nena é a salvación: lévaa a unha escola de nenas. Non é unha escola normal, senón clandestina, porque onde vive Nasreen, as nenas non poden ir á escola. Grazas á aprendizaxe, "as ventás do mundo abríronse por fin" e Nasreen descubriu que había outra vida máis alá de á cal os talibáns a estaban a obrigar a vivir.
En Occidente, que os nenos e nenas vaian ao colexio en igualdade de condicións é algo tan normal que ninguén lle pon atención, nin os propios alumnos, que, ás veces, se despistan e pensan que aprender é unha imposición dos seus maiores, pais e profesorado; pois ben, grazas a Nasreen talvez descubran que teñen moita sorte de poder ir a clase todos os días sen esconderse e sen temer polas súas vidas. E de paso aprenderán algo máis importante: ninguén pode impoñer á forza as súas ideas nin as súas leis.
- La Escuela secreta de Nasreen. Una historia real de Afganistán.
- Jeanette Winter.
- ISBN: 978-84-261-3808-8.
- Editorial Juventud.
- 48 páxinas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario