Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.
sábado, 13 de octubre de 2012
Premio Nobel de Literatura.
O escritor chinés Mo Yan foi o elixido este ano para levarse o Nobel de Literatura. Mo Yan, segundo a academia, "mestura, cun realismo alucinatorio, contos folclóricos, historia e o contemporáneo". Mo Yan (Gaomi, China, 1955), un dos novelistas chineses máis lidos, converteuse no primeiro escritor desa nacionalidade que obtén o Nobel. Gao Xingjian, gañador no ano 2000, tiña nacionalidade francesa aínda que a súa obra está escrita en chinés. Mo Yan é o seu alcume, que significa en mandarín "Non fales". O seu verdadeiro nome é Guan Moye. Mo Yan en la wikipedia
El escritor chino Mo Yan es el nuevo premio Nobel de Literatura
No hay comentarios:
Publicar un comentario