Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana. A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións. No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.
martes, 11 de marzo de 2025
OS CÓMICS DA NOSA VIDA
Lecturitas atópase moi emocionado porque xa temos listo o mural cos cómics da nosa vida, unha liña do tempo na que podemos ver os cómics que lía gran parte da nosa comunidade educativa.
Moitísimas grazas ás familias e aos mestres por compartir connosco cales eran os seus cómics preferidos cando eran cativos!
E non vos esquezades de visitar este mural tan especial, no que atoparedes cómics de diferentes temáticas que seguro que vos encantan.
Ademais poderedes descubrir cales lían Andrés, a "teacher" Teresa e outros profes do cole, así como moitos dos vosos familiares.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)