Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

jueves, 30 de abril de 2020

Que emoción!?

Para fomentar un axeitado desenvolvemento afectivo, cognitivo e social son fundamentais a identificación e expresión emocional, a empatía e autoestima, o autocontrol, saber tomar decisións e actitudes positivas, presentar habilidades de interación, autoafirmación e oposición asertiva, xunto a creatividade.
Os libros sempre son un magnífico recurso para aprender; a lectura compartida desde idades temperás fomentará o xeitado desenvolvemento destes aspectos nos rapaces e rapazas. 
O  Departamento de Orientación recolle unha proposta bibliográfica para aprender a identificar e expresar as nosas emocións.
Ademáis todos os xoves compartiremos con vós libros e propostas para emocionarnos e desenvolver a nosa intelixencia emocional. Esperamos que vos gusten.

miércoles, 29 de abril de 2020

29 de abril: Día da Danza

Para conmemorar esta data, desde a biblioteca propoñemos a lectura deste fermoso conto

 "LAS JIRAFAS NO PUEDEN BAILAR"


Lembrade que ....

TODOS PODEMOS BAILAR AO RITMO QUE MÁIS NOS GUSTA.

lunes, 27 de abril de 2020

Recopilatorio de Videocontos


RECOPILATORIO DE CONTOS PARA DIVERTISE EN FAMILIA

Como sabemos que estar na casa non é doado pero estades facendo un traballo inmellorable, deixámosvos hoxe o enlace a unha selección de videocontos moi interesantes aos que podedes acceder e así, xuntos, en familia, poderedes gozar de velos, lelos, sentilos... o que en sí é a maxia da lectura. 


Facede Clic na imaxe da Aula de Elena e navegaredes nas páxinas de miles de historias.

 VideoCuentos






           


















viernes, 24 de abril de 2020

Unha montaña de libros. Atrévete!

Lucas tiña un soño... voar.
Intentouno de moitos xeitos pero non o conseguía.
Entón un día, a súa mamá polo seu aniversario regaloulle un libro e lle dixo:
- Hai outros xeitos de voar, Lucas. 


Pinchade na imaxe para ler o conto


A través deste fermosísimo libro, a súa autora Rocío Bonilla, ensínanos que a través dos libros podemos voar, viaxar a mil lugares, vivir aventuras, ser outras persoas, sentir, emocionarnos...aprender. 
Nestes tempos de confinamento, que mellor cousa que ler. 



Atréveste a facer a túa propia montaña de libros?

Feliz fin de semana.

jueves, 23 de abril de 2020

Feliz Día do Libro!

23 Abril Día Mundial do Libro




Imaxe do díptico elaborado por Bibliotecas Escolares de Galicia. Pinchar aquí para acceder


LIBRO: “Conjunto de muchas hojas de papel u otro material semejante que, encuadernadas, forman un volumen.” RAE


LIBRO: “Conxunto de fermosas palabras organizadas coidadosamente sobre algún soporte para facernos disfrutar, imaxinar, voar, aprender, sentir, pensar, investigar, crecer” Lecturitas


Cada 23 de Abril conmemórase o Día Mundial do Libro co obxectivo de fomentar a lectura, a industria editorial e os dereitos de autor. 
A UNESCO elixe esa data porque un 23 de Abril de 1616, morreron Cervantes e , Shakespeare


E...que mellor xeito para conmemoralo que disfrutando da lectura dun bo libro en casa? Se ademais esa lectura é  compartida en familia moito mellor!


Por iso animámosvos a colaborar con nós enviando unha foto na que esteades a disfrutar dun bo libro. 


Fomentemos entre tod@s a lectura dando exemplo!






lunes, 20 de abril de 2020

Recomendacións en galego

Para facernos un pouco de compañía durante estes días, aquí tedes unha serie de propostas en diferentes formatos e para todas as idades.
                     
         Audiolibro, xogos                   Lectura                       Para todas as idades
      e actividades EI, 1º e 2º             5º e 6º

          

      Miguel  cóntanos un fermoso conto             Videoconto: E que podo facer eu?



                    Educación Infantil                  1º e 2º EP                       3º e 4º
    

miércoles, 15 de abril de 2020

Mensaxe do Persoal Sanitario do H.U.A.C

O centro propuso a todo o alumnado a actividade Sada y sus Contornos envíache para facer chegar debuxos e cartas ás persoas que están no hospital recuperándose da enfermidade e ao persoal sanitario para darlles ánimo e trasmitirlles o noso apoio.

O persoal Sanitario de H.U.A.C. remitiunos este vídeo para compartir con toda a comunidade educativa. 

Moitas grazas por coidar de todos nós, polo voso traballo e esforzo.

Moito ánimo!


Podedes seguir enviando os vosos debuxos e ánimos a:
 compartindoilusion@sadaycontornos.es 

martes, 14 de abril de 2020

Nestes días que temos que estar lonxe dos nosos amigos/as, dende a biblioteca propoñémosvos unha pequena selección de lecturas na que encontraredes amizades que vos acompañarán para sempre.
Facendo clic nas imaxes poderedes acceder aos libros.






viernes, 3 de abril de 2020

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA SEMANA SANTA

A primeira proposta é que veades o vídeo #SadaysusContornosQuedaNaCasa realizado coas aportacións de moitos nenos, nenas, familias e profesorado do centro. Grazas a todos/as pola vosa colaboración e participación.


Aquí tedes unha recompilación de diferentes  recursos e actividades que podedes realizar durante estes días non lectivos. Seguro que o pasades moi ben mentres aprendedes un montón. Están divididos en 3 categorías:

Vídeos. Selección de vídeos moi interesantes e divertidos.


Actividades divertidas. Experimentos, quebracabezas, xogos, manualidades...


Un mundo por descubrir:  Propostas relacionadas co marabilloso mundo dos libros.


Recordade que tedes as seguintes actividades voluntarias para participar:

compartindoilusion@sadaycontornos.es

compartindoilusion@sadaycontornos.es 

otarabelo@sadaycontornos.es 

Contos na Biblioteca de Sada

A Biblioteca de Sada promoveu a iniciativa Micro Contos na Biblioteca para axudarnos a pasar un pouco mellor estes días.
Esta iniciativa contou coa participaron dos nosos mestres Luisa e Miguel. Pinchade nos enlaces para escoitalos e desfrutade!