Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

martes, 25 de octubre de 2022

Samain

Xa está aquí o Samain e iso nótase na nosa biblioteca.

Podes pasar por alí para coñecer as suxerencias e disfrutar dun ratiño agradable. 

 Unhas fotiños








jueves, 20 de octubre de 2022

Apertura da biblioteca

 O día 13 de octubre abriuse a biblioteca do cole para que todos os alumnos e alumnas podan disfrutar de este rico recurso.

Lecturitas presentounos a temática do proxecto de centro desde curso.

Aprenderemos moitas cosas sobre Arte: pintura, escultura e arquitectura,facendo do noso cole o museo mais importante a final de curso, grazas a todas as obras que se crearán ao longo do ano.

Este ano partimos do conto"O soño de Matias".

Ademais de Lecturitas tamen coñecemos a Matías, un simpático rato.

Deronnos tamén un regaliño de inauguración do proxecto: unhas fermosas chapas coa bolboreta de Picasso coa que estamos a traballar nas aulas, xa que foi o punto de partida do proxecto e que nos levará a coñecer a Picasso por cumplirse este ano o 50 aniversario do seu falecemento.

Deixovos unhas fotiños












martes, 11 de octubre de 2022

CURSO 22-23 :POÑENDO A PUNTO A BIBLIOTECA

 Ola alumnos, alumnas e familias do Ceip Sada y Sus Contornos.

Estamos a traballar na biblioteca para a súa próxima apertura.

Reestructurando espazos: ampliamos a biblioteca aos corredores anexos e creamos unha zona para o diálogo.





Elaborando as bibliocaixas para as aulas.




Facendo formación de usuarios co alumnado de 6º