Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

domingo, 28 de junio de 2020

Mulleres que Iluminan


ÁRBORE MULLERES QUE ILUMINAN

Hoxe Lecturitas quere darvos a noraboa polo traballo realizado sobre mulleres de Paz. 

O resultado final é asombroso e realmente fermoso. 

Aprendemos con él moito sobre mulleres importantes que iluminan o mundo coa súa labor de paz. 












viernes, 19 de junio de 2020

Tríptico Recomendacións Lectoras Verán


LECTURAS PARA O VERÁN

Chegamos ao fin de curso dun xeito bastante diferente pero queremos quedarnos con todo o bo que vivimos e o que quedará por vivir.

Dende a biblioteca queremos, de novo, ofrecervos algunhas recomendacións de lecturas para este periodo de descanso.

Estamos seguros de que serán de moito proveito para todos e todas!!


Face clic no enlace seguinte e accederes as recomendacións.

jueves, 18 de junio de 2020

Decálogo contra os estereotipos de xénero




No día de hoxe, xa a piques de rematar o presente curso escolar, Lecturitas está emocionado co resultado final das aprendizaxes acadadas a través do proxecto MIS+.

Por este motivo preséntavos o decálogo elaborado polo alumnado do terceiro ciclo en contra dos estereotipos de xénero.

Cómpre destacar que as imaxes foron elaboradas polos nenos e nenas na súa visita ao CIEC (Centro Internacional Estampa Contemporánea).


miércoles, 17 de junio de 2020

Mulleres Científicas



Lecturitas felicita hoxe a todos os nenos e nenas da escola pola súa participación na actividade do proxecto MIS+ "Mulleres Científicas".

Gustáronlle tanto os vosos traballos que decidiu facer unha composición con todos eles e compartilos para que toda a comunidade educativa poida aprender das vosas investigacións.

Se facedes clic sobre os ollos violetas desta imaxe, accederedes aos traballos realizados polo alumnado. 

Disfrutadeos porque son realmente unha obra de arte e coñecemento.


Respostas Bea a de Estrella



NOVA SOPRESA!


Hoxe de novo traemos ao blogue Lecturitas, moito conto unha nova sorpresa.

Recordades as preguntas feitas a Bea a de Estrella, cantautora galega?

Pois... ao igual que Susana Seivane, ela tamén quixo darvos resposta.

Podedes escoitala no video que vos deixamos. 

De seguro vos gustará!


lunes, 15 de junio de 2020

Contos MIS+



Queridos nenos, nenas e familias:

Fai un tempo o alumnado de 5º e 6º de Primaria reescribiron as historias da "Cincenta" e a "Sireniña", convertendo estos clásicos en contos igualitarios.

O resto do alumnado da nosa escola foron os ilustradores, e agora aquí tedes o resultados das vosas obras en equipo. 

Noraboa!




sábado, 13 de junio de 2020

Susana Seivane resposta ao CEIP Sada y sus Contornos.



Queridos nenos e nenas:

Recordades as preguntas que fixestes para Susana Seivane?


Pois...

SORPRESA!

Temos xa todas as respostas a elas.

Podedes escoitar a Susana respondendo no vídeo que vos deixamos. 

Agardamos vos guste!





jueves, 11 de junio de 2020

Xoves de Emoción IV


Hoxe Lecturitas síntese azul, como o Monstruo de Cores, síntese triste e non sabe moi ben que facer. Ímoslle a axudar


"A tristeza é unha emoción que che fai sentir co estado de ánimo baixo. Sínteste abatido e pesimista e non tes gañas de facer cousas nin de ver a ninguén. Invádete unha pena e podes chorala ou non facelo, e sentila por dentro. Tamén podes sentir dor interno, insatisfación, desesperanza...
Hay moitos graos e tipos de tristura. Por exemplo: si se mesturan cos recordos dun pasado mellor dicimos que é nostalxia; se é vaga, sombría ou sosegada, melancolía; si se ancla, faise máis profunda e se complica, depresión. "
 Laberinto del Alma de Anna Llenas.

Un dos mellores libros para traballar  esa tristeza profunda e complicada é "Vacío", da mesma autora.


A autora nos ensina, a través deste fermoso albume que debemos mirar no noso interior para superar o vacío que podemos sentir nun momento dado e procurar a conexión cos demáis. Para escoitar o conto completo pinchade aquí .

Para poder entender ben este sentimento e como tratalo para que non afonde no noso corazón desde a Biblio compartimos unha serie de contos e propostas paramedrar emocionalmente.


lunes, 8 de junio de 2020

Contos por Teléfono: Libro Sonoro


O luns de hoxe está adicado a obra de Gianni Rodari: Contos por teléfono.

Aínda que sabemos que moitos nenos e nenas xa coñecen as súas historias, son desas que sempre cómpre voltar a ler e neste caso, escoitar

Esta fermosa obra podedes desfrutala agora a través do seguinte libro sonoro. Esperamos vos guste. 

Facede clic sobre o libro de cores e xa estaredes preparados para unha nova aventura lectora.  



miércoles, 3 de junio de 2020

Nova e última proposta (Mis+ na distancia)


Queridos nenos, nenas e familias:

Chega unha nova e última entrega de actividades do proxecto MIS+

Esta vez Lecturitas propón dúas actividades sinxelas para dar fin ao noso traballo neste curso. Conta coa vosa participación. É moi importante para él e para nós. Animádevos e participade. Son tarefas doadas. Prestade atención.


Actividade 1: Ver o vídeo de presentación dunha muller galega referente na nosa música: Bea a de Estrella, para así poder coñecela, de igual xeito que fixemos con Susana Seivane. 

Depois debedes formular unha pregunta para ela: Podedes preguntar pola súas inspiracións, pola súa nenez, polo seu amor á música galega, pola loita que fai a favor da igualdade de xénero, polas súas composicións… o que vós queirades.

A pregunta que queirades facer mandala ao correo noeliarodriguez@sadaycontornos.es indicando nome e curso. 




Actividade 2: Mulleres científicas

Nesta segunda actividade o traballo que Lecturitas vos pide é realizar un collage, debuxo, escritura e decoración dun nome, mural... é dicir un obra pictórico/artísitca libre sobre algunha científica.

Para facelo deixavos as seguintes instruccións e materiais segundo o voso curso:

  • Educación Infantil: Coñecerá a Marie Curie a través da seguinte canción. Logo de escoitala poderá facer a súa obra. 
  • 1º e 2 de Educación Primaria: Coñecerán científicas diversas a través do seguinte material. Clicade na imaxe e descargaredes un documento que vos presenta a mulleres de ciencia relevantes. Unha vez seleccionades a vosa favorita, faredes a obra sobre ela.


  • 3º e 4º Educación Primaria: Coñecerán diferentes científicas a través da lectura do cómic que vos achega Lecturitas. Seleccionarán a súa favorita e farán o traballo artístico sobre esta. Facede clic sobre a imaxe e descargaredes o cómic no voso dispositivo.

  • 5º e 6º Educación Primaria: Coñecerán mulleres científicas da nosa terra, seleccionarán a que máis lles guste e farán a súa obra en base a ela. Facendo clic na seguinte imaxe, accederedes ao material que precisades. 




💜TEDES ATA O 15 DE XUÑO PARA ACHEGAR AS VOSAS PREGUNTAS A BEA A DE ESTRELLA E AS VOSAS OBRAS SOBRE AS CIENTÍFICAS💜



lunes, 1 de junio de 2020

Mulleres Científicas


MULLERES CIENTÍFICAS

Como o noso alumnado estivo inmerso neste curso nun proxecto de igualdade de xénero baixo o título MIS+ (Máis que un museo de Igualdade en Sada y sus Contornos) e coñeceron a importancia de dar visibilidade ás mulleres científicas, investigaron sobre moitas delas, descubriron a súa labor... dende o blogue de biblioteca queremos transmitir unha mensaxe:

NORABOA! SODES UN EXEMPLO A SEGUIR!

<<POR UN MUNDO EN IGUALDADE>>

Aproveitando a nosa felicitación, deixamos para os nosos nenos e nenas este recurso que sabemos aproveitarán e servirá para que trasladen as súas casas, as súas familias, ao seu entorno... todos os seus coñecementos sobre muller e ciencia.

Trátase dun xogo de cartas que podedes imprimir. 

Facede Clic sobre a imaxe e accederedes as instruccións precisas para poder utilizalo.