Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

martes, 14 de diciembre de 2021

 CONTACONTOS IMPROVISADO

6º EP

Hoxe, durante o tempo de lecer, o alumnado de 6º de primaria improvisou un fermoso contacontos do conto "BOSQUE", de Sandra Dieckmann.

Tras a lectura do conto tiveron tamén un animado debate sobre o cambio climático.

Como lle gusta a Lecturitas que desfrutedes e aproveitedes deste xeito a Biblioteca!

NORABOA RAPAZADA!

Agardamos que volvades pronto a compartir máis momentos de lectura!




lunes, 29 de noviembre de 2021

lunes, 22 de noviembre de 2021

 EXPOSICIÓN "SOMOS MAR"

ALUMNAS E ALUMNOS DE 4º EP

 

 

 Recordades o taller de arte que fixemos cos plásticos que recollimos na praia? Pois fixemos unhas obras tan chulas que esta semana formaron parte dunha exposición na biblioteca do noso cole. 

Este curso escolar traballaremos o consumo responsable e nós, os de 4º, queremos aproveitar as nosas creacións para aportar ao proxecto a nosa investigación sobre os perigos dos plásticos. 


Estamos seguros e seguras de que vos gustou moito o vídeo, e por iso invitámosvos a que vexades de forma ampla o resultado da nosa investigación sobre os plásticos. Pensamos que é unha información moi interesante para concienciarnos da importancia dun consumo responsable. Desexamos que vos guste!




jueves, 18 de noviembre de 2021

CONTOS PARA UN PLANETA

"A MALETA LITERARIA"

 

Fai uns días recibimos esta misteriosa maleta literaria do CEIDA cargadiña de "Contos para un planeta"
 
 

 
 Convidámosvos a que vos pasedes pola biblioteca no voso tempo de lecer, xa que durante as vindeiras semanas teremos sesións de cotacontos para os diferentes niveis.
 
Na seguinte imaxe podedes ver os Contos desta semana.
AGARDÁMOSVOS!
 
 


jueves, 11 de noviembre de 2021

XOVES DE EMOCIÓN

Un dos mellores xeitos para chegar ás diferentes emocións e a través da lectura e dos contos.

Para iso, dende o Equipo de Biblioteca vimos de facer unha pequena selección de contos e lecturas para que nos axuden a achegarnos ás nosas emocións.

A idea facilitar recursos é que, aproveitando os xoves de emoción, adiquemos o tempo de lectura deste día a traballar estos aspectos.

 


 
 

 


miércoles, 10 de noviembre de 2021

 BIBLIOTECA NO RECREO

 

Que ledicia ver como vos achegadas á biblioteca durante o tempo de lecer!

 


Aproveitamos para lembrarvos os horarios nos que podedes vir:




lunes, 8 de noviembre de 2021

 INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

 

Por fin chegou o día no que puidemos voltar de novo á nosa biblioteca!

Durante a semana das bibliotecas escolares todos os cursos puideron pasar a descubrir todas as novidades que alí se agochaban.

Este ano poderemos volver a levar libros emprestados para as casas, gozar dela no tempo de lecer, acudir para facer traballos en equipo, investigar, descubrir...

Ademáis, Lecturitas, xunto coa "Ra de tres ollos", faláronnos a través dunha fermosa historia do proxecto no que imos traballar ao longo deste curso: O CONSUMO RESPONSABLE.

Foi fantástico tervos a todas e todos de volta!

Agardamos vermos moi a miúdo por aquí!






lunes, 25 de octubre de 2021

 DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR


Unha ano máis estamos de celebración!

O pasado 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas Escolares e por iso, ao longo de toda esta semana gustaríame que pasárades a ver todas as novidades que nos esperan para este curso.

Despois dun ano sen vernos agora por fin voltaremos a atoparnos na nosa biblioteca!

Se premedes na seguinte imaxe poderedes ver todo o que vos atoperades ademáis dunha nova historia xunto cunha RA moi especial...

 

 
 
 

VÉMONOS MOI PRONTO!

 


lunes, 4 de octubre de 2021

VOLTAMOS!

Cantas ganas tiñamos de dicirvos que este ano poderemos volver a empergar a nosa biblioteca!

Estamos a traballar a reo para que todo estea preparado e que poidamos desfrutar deste espazo dun xeito seguro (lembrade a regra das 3 M: mans, máscara e metros).

Estade moi atentas e atentos xa que axiña vos contaremos máis novidades!

Mentres tanto, aquí vos deixamos un pequeno avance de como está quedando a biblioteca.

 





jueves, 29 de abril de 2021

Día contra o Acoso Escolar

 

 O traballo para favorecer a convivencia escolar debe ser continuado e prioritario. Debe comezar desde o inicio da escolarización dos nenos e nenas, a través do fomento das habilidades sociais, valores como a empatía e educación emocional. 

Pero todavía compre  facer visible unha problemática que, de darse, provoca moito sufrimento no alumnado e que entre tod@s debemos traballar para que desapareza: o Acoso Escolar.  Por iso, cada 2 de maio, conmemórase o Día Internacional contra o Acoso Escolar. 

Compartimos con toda a Comunidade Educativa o traballo realizado este curso: información, formación e como producto final un fermoso vídeo realizado polo alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP, dentro do Programa TEI,  para tod@s. 


viernes, 23 de abril de 2021

ALGAS "LA PATRONA"

 

Recordades que o día 8 de marzo, día da muller, estivemos a falar sobre mulleres galegas emprendedoras?

Recordades a Cristina García e as súas empanadas de algas?

Pois... XA TEMOS RESPOSTA a todas as preguntas que lle formulamos.

MOITAS GRAZAS CRISTINA

BO TRABALLO NENOS E NENAS DE SADA Y SUS CONTORNOS




DÍA DO LIBRO

 

FELIZ DÍA DO LIBRO


Hoxe é un día moi especial para Lecturitas e a nosa biblioteca porque como ben sabedes... celebramos O DÍA DO LIBRO.

Queredes saber o motivo desta celebración? Seguide a ler e coñeceredes a súa orixe...


O Día do Libro é un acontecemento anual que se celebra cada 23 de abril co gallo de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor. A orixe do Día do libro remóntase a 1926. O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Por este motivo (entre outros), esta data tan simbólica para a literatura universal foi escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render homenaxe mundial ao libro e aos seus autores, e alentar a todas e todos, en particular aos mais novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a impagable contribución dos creadores ao progreso social e cultural. 



En Cataluña festéxase dun xeito moi especial o Día do Libro, a Diada de Sant Jordi. Sant Jordi é considerado o patrón dos namorados en Cataluña, un heroe protector que, segundo conta a lenda, venceu ao dragón e salvou á princesa, converténdose así nun símbolo do amor e da vitoria do ben sobre o mal. Para celebrar ese día, os homes agasallan cunha rosa vermella á súa parella e as mozas a eles cun libro.

E agora que sabedes o motivo da súa celebración, Lecturitas deixavos aquí no seu blogue a LENDA DE SANT JORDI.



E para rematar... unha foto das vosas reseñas lectoras, grazas por converter os nosos corredores nun mundo máxico #lectura #día do libro #unmundodeletras.



TEMOS MOITO POR LER!!

lunes, 8 de marzo de 2021

8 de marzo: Día Internacional da Muller

Con motivo da celebración do día da muller, dende o equipo de biblioteca propoñemos un conxunto de recursos que nos sirvan de referente para comprender o motivo da conmemoración desta data e aprender sobre distintas mulleres do pasado e do presente que marcaron e marcan a diferenza sen dúbida algunha. Agardamos vos guste e sexa de proveito. 


lunes, 22 de febrero de 2021

Conmemorando o Día da nosa Rosalía


Con motivo da vindeira conmemoración, o día 24 de febreiro do DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, dende o equipo de biblioteca deixámosvos uns cantos recursos de interese para de novo coñecer a nosa escritora máis célebre.

Agardamos vos gusten e poidades gozar deles.

lunes, 8 de febrero de 2021

Tempo de Entroido!

 É tempo de alegría, de risas, de festa! Porque xa está aquí o Entroido e, a pesar das circunstancias, disfrutaremos todos e todas xuntas e aprenderemos, ao longo desta semana, máis sobre esta festa tradicional que tanto nos gusta. Aquí atoparedes información, contos e os mandados do noso MECO pillabán que nos quere troulear.


jueves, 21 de enero de 2021

Xaneiro de Paz

 Ao longo de todo o mes de xaneiro traballaremos os valores e emocións que están relacionados coa PAZ e a resolución pacífica de conflitos. Desde a biblioteca compartimos os seguintes recursos, que esperamos sexan da vosa axuda.