Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

martes, 18 de diciembre de 2018

NADAL DE CONTOS
Chegou o Nadal á biblioteca. Cada día un conto. Pásate a ver a nosa árbore e anímate a ler os contos que che recomenda.

martes, 30 de octubre de 2018

Samaín de medo

Sesión de cine na biblioteca. Disfrutamos moito dende os máis pequenos ata os máis maiores do cole.

Clica na imaxe das cabazas e poderás ver máis fotos
CONMEMORAMOS O DÍA DA BIBLIOTECA COA RECOPILACIÓN DOS NOSOS LIBROS FAVORITOS.
Clica na imaxe e poderás ver máis fotos

martes, 9 de octubre de 2018

VISITA DE MALIBÚ

O venres 5 de outubro a cadela Malibú visitou o cole de Sada y sus Contornos para ensinarlles aos nenos e nenas que facer no caso de atopar un can abandonado e como deben de tratalos.
Os cans non son un xoguete nin un regalo.

Foi moi útil a información que consultamos na biblioteca previamente a esta visita tan simpática.


CONTANDO CONTOS
POR QUE OS LOBOS E OUTROS PERSONAXES DE MEDO TEÑEN QUE APARECER NOS CONTOS?



Pica na imaxe para ler o artigo de prensa.

jueves, 20 de septiembre de 2018

BENVID@S AO NOVO CURSO


En outubro a biblioteca abrirá as súas portas!!!!!!!!!!
Deixa no buzón de suxerencias unha nota na que apuntes o  libro que che gustaría que houbese na biblioteca. 
Apunta na nota os teus datos (nome, apelidos e curso) e recorda escribir o título, autor e editorial do libro.

miércoles, 9 de mayo de 2018

jueves, 26 de abril de 2018

CONTACONTOS DIA DO LIBRO

CELEBRANDO CUN CONTACONTOS O DÍA DO LIBRO


A librería Pequeno Tío ofreceunos unha grata sesión de contacontos para conmemorar  o Dia do Libro.


Clica na imaxe para ver máis fotos

DIA DO LIBRO

CELEBRAMOS O DIA DO LIBRO COS NOSOS PADRIÑOS E MADRIÑAS


Pasamos un momento agradable celebrando o día do libro nunha actividade colaborativa cos nos nosos padriños e madriñas  os cales nos leron un conto do máis entretido.



Clica na imaxe para ver as fotos

martes, 24 de abril de 2018

ACTUALÍZATE

Se queres estar informad@ das novas da biblioteca consulta na zona de ordenadores o noso enlace á páxina web do blogue. Non dubides e accede tamén aos outros enlaces web.

Lecturitas está agardándote.

 


miércoles, 14 de marzo de 2018

BÚSQUEDA DO TESOURO- PALABRAS AGOCHADAS

RETO DENDE ISLA FANTASÍA 


Estivemos buscando na biblioteca palabras relacionadas con aromas. Despois tiñamos que facer un pareado con elas para poder axudar ao duende Tino a pasar desapercibido ante os trolls para que os personaxes de Illa Fantasía  cheguen a   Os Tres Picos de Dragón.Tivemos que pensar porque estaban ben agochadas, menos mal que nos deixaron unha caixa cunhas pistas.

Aquí podes ver algunhas fotos da actividade


viernes, 2 de marzo de 2018

DIA INTERNACIONAL DA MULLER

Consulta na biblioteca os libros que seleccionamos para conmemorar esta data



Clica na imaxe para acceder aos traballos realizados polos distintos niveis sobre as mulleres pioneiras galegas.

lunes, 29 de enero de 2018

ANIMACIÓN Á LECTURA

Recibimos na nosa biblioteca a Sara e Álex da editorial Kalandraka.Pasámolo xenial cos contos tan divertidos que nos contaron.