Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

miércoles, 29 de enero de 2020

Obradoiro Luz na Escuridade


LUZ NA ESCURIDADE

Con motivo da celebración do día da paz, en base ao proxecto MIS+ e tomando como referencia a proposta de Illa Fantasía, levamos a cabo un traballo colaborativo para transformar a escuridade da desigualdade en luz de moitas cores.

Para iso todo o alumnado realizou un debuxo de paz sobre unha folla de cor negro que permitiu ver a posteriori todas as cores do arco da vella, como símbolo de equidade. 

Velaquí tedes o resultado!



martes, 28 de enero de 2020

Malala Yousfzai in English


INVESTIGAMOS SOBRE MALALA

Dende a área de Lingua Inglesa, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou unha investigación sobre unha muller de Paz no marco do proxecto MIS+ facendo uso dos recursos dispoñibles na biblioteca e en rede que deron como resultado un conxunto de obras pictóricas pertencentes ao noso museo da igualdade.

Bo traballo!