Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

jueves, 30 de abril de 2020

Que emoción!?

Para fomentar un axeitado desenvolvemento afectivo, cognitivo e social son fundamentais a identificación e expresión emocional, a empatía e autoestima, o autocontrol, saber tomar decisións e actitudes positivas, presentar habilidades de interación, autoafirmación e oposición asertiva, xunto a creatividade.
Os libros sempre son un magnífico recurso para aprender; a lectura compartida desde idades temperás fomentará o xeitado desenvolvemento destes aspectos nos rapaces e rapazas. 
O  Departamento de Orientación recolle unha proposta bibliográfica para aprender a identificar e expresar as nosas emocións.
Ademáis todos os xoves compartiremos con vós libros e propostas para emocionarnos e desenvolver a nosa intelixencia emocional. Esperamos que vos gusten.

No hay comentarios:

Publicar un comentario