Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana. A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións. No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

martes, 11 de marzo de 2025

OS CÓMICS DA NOSA VIDA

Lecturitas atópase moi emocionado porque xa temos listo o  mural cos cómics da nosa vida, unha liña do tempo na que podemos ver os cómics que lía gran parte da nosa comunidade educativa. 

Moitísimas grazas ás familias e aos mestres por compartir connosco cales eran os seus cómics preferidos cando eran cativos!

E non vos esquezades de visitar este mural tan especial, no que atoparedes cómics de diferentes temáticas que seguro que vos encantan. 

Ademais poderedes descubrir cales lían Andrés, a "teacher" Teresa e outros profes do cole, así como moitos dos vosos familiares.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario