SUPERHEROÍNAS
Continuando co proxecto VIÑETAS DENDE SADA, todo o alumnado deseñamos a nosa superheroína de cómic e dotámola de superpoderes fantásticos.
Lecturitas quere felicitarvos a todos e todas por facelo tan ben. Pero agora temos unha nova misión; temos que elixir a nosa superheroína favorita entre as dezaseis finalistas seleccionadas.
Teredes que visitar o mural nas escaleiras do cole e votar pola que máis vos guste. É unha misión moi importante porque as máis votadas terán un papel fundamental no cole proximamente.
Cal será ese papel? Axiña vos seguiremos contando...
No hay comentarios:
Publicar un comentario