Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana. A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións. No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

lunes, 7 de abril de 2025

BIBLIOPATIO E HOSPITAL DE LIBROS

 Hoxe queremos falarvos dunha nova proposta que Lecturitas nos trae este curso.

Trátase de BIBLIOPATIO, o noso recuncho de lectura ao aire libre para que disfrutedes no tempo de patio.  Disporedes de diferentes libros organizados por ciclos que se irán cambiando regularmente. 

Iso si, é moi importante que os coidedes moito, porque xa sabedes que cada libro é un tesouro. Por iso, poñeremos en marcha tamén o HOSPITAL DE LIBROS, onde haberá que depositar os que teñan algún deterioro para poder curalos. 

Lecturitas sabe que o faredes xenial!


 





martes, 11 de marzo de 2025

SUPERHEROÍNAS

 Continuando co proxecto
VIÑETAS DENDE SADA,  todo o alumnado deseñamos a  nosa superheroína de cómic e dotámola de superpoderes fantásticos.

Lecturitas quere felicitarvos a todos e todas por facelo tan ben. Pero agora temos unha nova misión; temos que elixir a nosa superheroína favorita entre as dezaseis finalistas seleccionadas.

 Teredes que visitar o  mural nas escaleiras do cole e votar pola que máis vos guste. É unha misión moi importante porque as máis votadas terán un papel fundamental  no cole proximamente. 

Cal será ese papel? Axiña vos seguiremos contando...


 

 


OS CÓMICS DA NOSA VIDA

Lecturitas atópase moi emocionado porque xa temos listo o  mural cos cómics da nosa vida, unha liña do tempo na que podemos ver os cómics que lía gran parte da nosa comunidade educativa. 

Moitísimas grazas ás familias e aos mestres por compartir connosco cales eran os seus cómics preferidos cando eran cativos!

E non vos esquezades de visitar este mural tan especial, no que atoparedes cómics de diferentes temáticas que seguro que vos encantan. 

Ademais poderedes descubrir cales lían Andrés, a "teacher" Teresa e outros profes do cole, así como moitos dos vosos familiares.