Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana. A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións. No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

domingo, 15 de diciembre de 2019

Nadal de Igualdade


UN NADAL DE IGUALDADE

Chegamos ao fin do primeiro trimestre e celebramos desta volta un nadal moi especial, xa que, seguindo o noso proxecto a prol da igualdade e xénero (MIS+) o noso alumnado decorou o centro con motivos navideños moi diferentes aos habituais.

Esta decoración ten como obxectivo visibilizar as mulleres en todos os ámbitos da súa vida, recoñecer a súa labor nos diferentes campos e valorar en igualdade de condicións a homes e mulleres.


Lazos árbore Nadal, adicados a mulleres destacadas na historia.


Bolas árbore nadal con imaxes adicadas ás mulleres da vida do alumando.


Árbore colectivo elaborado coas letras do abecedario, cada unha delas correspondente a inicial do nome dunha muller relevante, arrodeado de palabras coeducativas seleccionadas polo alumnado. 

BO NADAL!!


miércoles, 4 de diciembre de 2019

Mulleres Deportistas


VISITAS DEPORTISTAS GALEGAS

Ao longo desta semana como ben sabedes recibimos a visita de diferetnes mulleres deportistas: Susú Corés, Vanessa Rial, Elsa Porto, Teresa Martínez, Cristina Cao e Pilar Neira. 

Ao seu carón coñecemos a súa traxectoria persoal e deportiva e sobre todo aprendemos sobre equidade no deporte.

Hoxe, no blogue de biblioteca facemos mención ao voso traballo previo a súas visitas, a vosa investigación e o modo de visibilizar a figura destas mulleres como agradecemento.

O noso museo está a quedar moi profesional. Noraboa!










domingo, 1 de diciembre de 2019

Matriarcas



CELEBRANDO O DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Tras a celebración do día en contra da violencia de xénero na nosa escola, seguimos a traballar na sensibilización ao respecto.

Así, seguindo con noso proxecto MIS+ elaboramos un mural colaborativo inspirado na obra de Guadi Galego, Matriarcas.




domingo, 6 de octubre de 2019

Primeira obra do museo


PRESENTAMOS.... a 1ª obra do noso museo MIS+ da Igualdade.

Esta fermosa obra forma parte da sala Xuntos podemos cambiar o mundo, intentámolo? e recolle as inquedanzas, sentimentos, noticias... que o noso alumnado recolleu da actividade Sabías que?.

A partir de agora, iniciamos a nova aventura a prol da igualdade entre os xéneros.

Somos un gran equipo!

jueves, 3 de octubre de 2019

Mural Carmen López Cortón



COÑECENDO A FIGURA DE CARMEN LÓPEZ CORTÓN

Co inicio do noso proxecto anual MIS+ (Máis que un museo de igualdade no CEIP Sada y sus Contornos) coñecemos da man de Luisa Ricoy Lamas a figura da mestra Carmen López Cortón como unha muller de referencia a prol da igualdade de xénero.

Foi quen nos inspirou a creación da nosa segunda obra do museo, baseada na súa biografía. 

Agardamos vos guste o resultado!




domingo, 29 de septiembre de 2019

COMEZO MIS+


Iniciamos o noso proxecto de igualdade MIS+

Hoxe, o noso alumnado recibiu unha importante notificación de parte de Lecturitas. 
Trátase dunha carta proveniente de terras moi lonxanas (A India) e invitiunos a formar parte dun clube que loita a favor da igualdade entre homes e mulleres. 

Imos aló, a cambiar o mundo!




martes, 18 de diciembre de 2018

NADAL DE CONTOS
Chegou o Nadal á biblioteca. Cada día un conto. Pásate a ver a nosa árbore e anímate a ler os contos que che recomenda.