Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

domingo, 15 de diciembre de 2019

Nadal de Igualdade


UN NADAL DE IGUALDADE

Chegamos ao fin do primeiro trimestre e celebramos desta volta un nadal moi especial, xa que, seguindo o noso proxecto a prol da igualdade e xénero (MIS+) o noso alumnado decorou o centro con motivos navideños moi diferentes aos habituais.

Esta decoración ten como obxectivo visibilizar as mulleres en todos os ámbitos da súa vida, recoñecer a súa labor nos diferentes campos e valorar en igualdade de condicións a homes e mulleres.


Lazos árbore Nadal, adicados a mulleres destacadas na historia.


Bolas árbore nadal con imaxes adicadas ás mulleres da vida do alumando.


Árbore colectivo elaborado coas letras do abecedario, cada unha delas correspondente a inicial do nome dunha muller relevante, arrodeado de palabras coeducativas seleccionadas polo alumnado. 

BO NADAL!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario