LECTURITAS, MOITO CONTO
Biblioteca Ceip Sada y sus Contornos
Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana. A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións. No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.
martes, 18 de noviembre de 2025
jueves, 13 de noviembre de 2025
domingo, 26 de octubre de 2025
LECTURITAS PROPONNOS
UN NOVO RETO
Como cada 24 de outubro celebramos o Día das Bibiotecas Escolares e, como cada ano, Lecturitas vai visitando as aulas propoñéndonos un novo reto para este curso.
Apareceu nas nosas aulas con artiluxios e obxectos moi relacionados co Mar: un baúl con rede de pesca, un catalexo, dúas moedas piratas, dous peixes, unha caracola, unha cuncha... e unha carta misteriosa!
Nela pedíanos resolver varios misterios sobre o mar agochados na exposición Mar de Mares.
Tamén nos deixou un lenzo xigante, un caderno mariñeiro, uns sacos pequeniños... estamos ansiosas e ansiosos por descubrir máis sobre este misterio!
BIBLIOPATIO
📕📗📖📘📙
Dende hai unhas semanas, dentro do programa DIVER+, está a funcionar Bibliopatio, unha caixa repleta de libros de diferentes temáticas que sae a patio de luns a xoves para que poidades gozar da lectura tamén no tempo de lecer.
Podedes atopala nas escaleiras da entrada principal do colexio.
ACHEGÁDEVOS A OLLAR TODAS AS SORPRESAS QUE SE AGOCHAN NO SEU INTERIOR!
martes, 27 de mayo de 2025
DESPEDIDA A LECTURITAS
As mochilas viaxeiras xa voltan ao colexio despois de visitar a todos os nenos e nenas nas súas casas.
O alumnado de 1º tivo a sorte de que Lecturitas os acompañase nesa aventura e así realizaron a súa despedida ata o próximo curso.
martes, 6 de mayo de 2025
OS NOSOS LIBROS FAVORITOS
Os nenos e nenas de 4º de EI
comparten connosco os seus libros favoritos.
XENIAL!!!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)





















