Este ano, non esquecemos recomendarvos dende a biblioteca algunhas lecturas
que poden resultar do voso interese.
Desexamos que disfrutedes de elas, tanto como nós fixemos.
Este ano, non esquecemos recomendarvos dende a biblioteca algunhas lecturas
que poden resultar do voso interese.
Desexamos que disfrutedes de elas, tanto como nós fixemos.
Xa estamos no mes de Decembro, mes no que imos aprender sobre a Diversidade e sobre que é realmente iso da Dis - Capacidade. Conmemoraremos o 3 de Decembro, Día das Persoas con Discapacidade disfrutando da fermosa historia de Ismael Serrano "Un Hada Diferente" e, sobre todo, aprenderemos a entender as diferencias coma un valor en si mesmo que enriquece a nosa escola e a nosa sociedade.
Por unha sociedade diversa e inclusiva para todos e todas!
As cores do outono, no mes de novembro, tínguense de violeta e negro. Ao longo deste mes traballaremos co noso alumnado as emocións que xiran en torno á violencia de xénero. Desde o Equipo de Biblioteca realizamos unha proposta de lecturas, vídeos, películas e actividades que se poden levar a cabo ao longo do mes, así como recursos para abordar a violencia de xénero desde a casa, que esperamos sexan da vosa axuda.
Remataremos, o día 25 (25N), coa condena manifesta contra a violencia machista.
Xa está aquí o Samain e seguro que todos e todas sentimos un montón de emocións diferentes: alegría, espectación, ilusión, desacougo... e mooooiiiiito MEDO!
Démoslle MEDO AO MEDO e aprendamos a identificar e xestionar esta emoción tan necesaria para a nosa supervivencia.
Desde a Biblioteca compartimos unha serie de recursos e propostas que esperemos vos axuden a enfrentarvos ao medo.
A disfrutar terroríficamente!
Queridos nenos e nenas!
Como sabedes, mañá é día 24 de outubro e nel festexamos algo moi importante...
O DÍA DA BIBLIOTECA!!!
Sempre viñades visitarme neste día contándome fermosas historias... disfrutaba moito da vosa compaña, pero este curso (moi diferente)como non podedes visitarme (agás os nenos e nenas de primeiro que me están a coidar requeteben), quero facervos chegar eu a miña nova historia e animarvos a participar da miña man nun novo proxecto.
Estades dispostos? Estou seguro de que sí.
Aquí tedes a miña nova aventura, coñecendo a un ratiño moi especial, chamado Frederik. Disfrutade do video ou facede clic sobra a súa imaxe e poderedes descargar o conto para lelo con toda a calma do mundo.
Lecturitas anda a aprender a identificar as emocións que se agochan nos diferentes textos literarios. Un amigo poeta recomendoulle a lectura da obra "A casa de había unha vez" de Ana Mª Fernández e descubriu este fermoso poema. Saberíades identificar as emocións que se atopan entre os seus versos? Seguro que si! Animádevos a disfrutar da súa lectura e axudar a Lecturitas deixando un comentario identificando as diferentes emocións! Sabedes a que conto fai referencia?.
Matarile-rile,
matarile-rón,
os sete cabritos de
branco algodón.
Os sete cabritos querían
xogar
á roda rodiña, no verde
pinar.
E chegaron novas que o
lobo feroz,
quería xantar año con
arroz.
A mamá cabuxa, mortiña
de medo,
pechoulle-la porta co
seu tarabelo.
-Non saiades fóra, que
nunca se sabe,
eu volverei logo e xa
levo a chave.
Pero o lobo malo, que
andaba á procura,
a seis deles puxo na
barriga escura
Dentro do reloxo, o máis
pequeniño,
púidose librar do negro
fociño.
E avisou á nai, que era
costureira
e, xuntos, abríronlle a
tripa tripeira.
Ó sairen todos,
brincando contentos,
enchéronlle a panza de
pedras a centos
Matarile-rile,
matarile-rón,
os sete cabritos de
branco algodón.
A casa de había unha
vez.
Ana Mª Fernández.
Poesía, que emoción!
TURISTEANDO COS MIÚD@S é un xogo infantil interactivo para que descubrades a riqueza cultural e turística da provincia da Coruña. Pinchade na imaxe para acceder.
Coñecedes a MAFALDA? Seguro que sí! Esa nena preocupada pola humanidade, a paz mundial e que se rebela contra o mundo dos adultos.
O seu creador, Quino, faleceu recentemente pero sempre permanecerá a súa obra para disfrutar, rir e reflexionar.
Disfrutade da lectura! Pinchade aquí.
Este xoves compartimos con vós un fermoso álbum de BRITTA TECKENTRUP, "EL ÁRBOL DE LA AMISTAD" co que descubrirás que a amizade é coma unha árbore máxica e fermosa, que só medra si se rega con agarimo e amabilidade cara os outros.
Estamos en outono e moitas árbores quedan sen follas pero a nosa árbore da amizade medrará con xestos cariñosos e amables. Fagámola medrar xunt@s!
Desde a Biblioteca, en colaboración co Departamento de Orientación, voltamos cos XOVES DE EMOCIÓN!
Ao longo do curso publicaremos diferentes recursos e propostas para EMOCIONARNOS.
Hoxe compartimos o fermoso conto "Así es la Vida" de Carmen e Ana Luisa Ramírez. As súas autoras ensínannos, de xeito sinxelo e claro, a vivir e disfrutar da vida incluso cando as cousas non saen como un espera.
Debemos adaptaranos e ver o lado positivo de cada acontecemento da nosa vida e ver unha nova oportunidade nesa realidade.
O xeito de enfrentarnos a unha mesma situación vital varía en función da nosa mirada, de como queramos "ler" os acontecementos.
Animádevos a ler este texto, primeiro cara abaixo. Despois lede o mesmo texto empezando polo final, cara arriba.
Que opinades despois da letura? Que credes que nos quere dicir Lecturitas enviando esta mensaxe? Deixade os vosos comentarios no blog e aprenderemos xunt@s a mirar.