Queridos nenos, nenas e familias:
Seguro recordades que estivemos a
traballar moito neste curso no noso proxecto de igualdade MIS + (máis
que un museo de igualdade en Sada y sus Contornos).
Fixemos unha chea de fermosos
traballos colaborativos, (sodes uns artistas!) e aprendemos sobre a necesidade
de respecto, empatía, igualdade...
Agora que estamos lonxe Lecturitas pide axuda para dar
continuidade a este proxecto. Conta con vós! E a súa proposta é...
1. Ver o vídeo de presentación dunha
muller galega referente na nosa música: Susana Seivane, para coñecela un
pouquiño máis.
2. Formular
unha pregunta para ela: Podedes
preguntar pola súa carreira musical, pola súa nenez, polo seu amor á música
galega, pola loita que fai a favor da igualdade de xénero… o que vós queirades.
A pregunta que queirades facer debedes mandala ao correo noeliarodriguez@sadaycontornos.es
indicando o voso nome e curso, ou podedes deixalas, indicando nome e curso nos comentarios desta publicación.
💜Estamos desexando recibilas… Haberá sorpresa!💜
No hay comentarios:
Publicar un comentario