martes, 20 de diciembre de 2022

Mochilas viaxeiras


As mochilas viaxeiras sacan a relucir a creatividade do noso alumnado.

Mirade que manualidades mais bonitas fixo Aiden da clase de 6° de infantil.










 

jueves, 1 de diciembre de 2022

Día das persoas con Diversidade Funcional

 



Achégase o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional e, dende a nosa biblioteca estamos convencidos que precisamos sensibilizar e concienciar a toda a nosa comunidade educativa ao respecto, co obxectivo de dirixirnos cara un mundo inclusivo e de igualdade de oportunidades. 

Así pois, traballaremos ao longo da semana co noso alumnado a través do seguinte Genially. 

Asemade empregaremos contos da exposición realizada na biblioteca ao respecto. E... como novidade este ano participaremos na Carreira ENKI na nosa escola. Pinchade no seu nome e descubride todo o que pode aportarnos. 

VOA POR UN MUNDO IMPERFECTO

viernes, 25 de noviembre de 2022

25N Día Internacional contra a violencia de xénero

Desde o Equipo de Biblioteca realizamos unha proposta de lecturas, vídeos, películas e actividades   para abordar  a temática da violencia de xénero . Esperamos sexan da vosa axuda.



martes, 22 de noviembre de 2022

LECTURAS NA BIBLIOTECA E MOCHILAS VIAXEIRAS

 Os nenos e nenas de 4º de infantil, disfrutaron duns contos que lles contaron os seus compañeir@s da aula.

Aquí vos deixo unhas fotiños.

Está xenial que comecen tan cediño con esta afección.








En 6º de infantil están a facer uso dos libros das mochilas viaxeiras e creando unhas manualidades chulísimas.




viernes, 11 de noviembre de 2022

CRE- ARTE. ARCIMBOLDO E OUTONO

  Partindo do proxecto anual deste curso, no que trataremos a ARTE, quixemos tratar a figura do artista  Arcimboldo creando unhas bonitas obras de outono.

Aquí vos deixo unhas fotos.

Clicade na imaxe de Arcimboldo para acceder ao álbum de fotos.





jueves, 3 de noviembre de 2022

ACTIVIDADES DE SAMAÍN


 SAMAÍN 2022

O día de Samaín puidemos disfrutar dunha actuación xenial que prepararon os nosos compañeiros de 4º de Primaria.

Trátase do conto " A min non me comas".


Encantounos!!!!. Gran traballo dos compañeiros e compañeiras e da súa mestra.

Déixovos máis fotos e un pequeno fragmento en vídeo para que vexades a estes grandes artistas.







DIA DA BIBLIOTECA 24 DE OUTUBRO

 Que mellor maneira de conmemorar o día da Biblioteca que lendo e colaborando nela. Xa sabemos emprestar libros e cada un ten a súa función para que a biblioteca funcione á perfección.

Algúns compañeiros estiveron a preparar tamén unha obra de teatro da que disfrutamos o día de Samaín.

Na seguinte entrada colgareivos fotos da mesma.






martes, 25 de octubre de 2022

Samain

Xa está aquí o Samain e iso nótase na nosa biblioteca.

Podes pasar por alí para coñecer as suxerencias e disfrutar dun ratiño agradable. 

 Unhas fotiños








jueves, 20 de octubre de 2022

Apertura da biblioteca

 O día 13 de octubre abriuse a biblioteca do cole para que todos os alumnos e alumnas podan disfrutar de este rico recurso.

Lecturitas presentounos a temática do proxecto de centro desde curso.

Aprenderemos moitas cosas sobre Arte: pintura, escultura e arquitectura,facendo do noso cole o museo mais importante a final de curso, grazas a todas as obras que se crearán ao longo do ano.

Este ano partimos do conto"O soño de Matias".

Ademais de Lecturitas tamen coñecemos a Matías, un simpático rato.

Deronnos tamén un regaliño de inauguración do proxecto: unhas fermosas chapas coa bolboreta de Picasso coa que estamos a traballar nas aulas, xa que foi o punto de partida do proxecto e que nos levará a coñecer a Picasso por cumplirse este ano o 50 aniversario do seu falecemento.

Deixovos unhas fotiños












martes, 11 de octubre de 2022

CURSO 22-23 :POÑENDO A PUNTO A BIBLIOTECA

 Ola alumnos, alumnas e familias do Ceip Sada y Sus Contornos.

Estamos a traballar na biblioteca para a súa próxima apertura.

Reestructurando espazos: ampliamos a biblioteca aos corredores anexos e creamos unha zona para o diálogo.





Elaborando as bibliocaixas para as aulas.




Facendo formación de usuarios co alumnado de 6º





viernes, 22 de abril de 2022

OBRADOIROS DE RECICLADO DE PAPEL PARA FESTEXAR O DÍA DO LIBRO

Co gallo da celebración do día do libro, ao longo de toda esta semana estivemos a participar nun obradoiro de reciclado de papel.

Demos unha segunda vida a papeis e cartóns que xa non empregábamos elaborando o noso propio papel reciclado.

A partires de aí, decoramos unha porción de papel na que escribimos con pluma o que para nos significaba a lectura e os libros, que acabarán decorando o noso recuncho de Paz.

Non se nos ocorre mellor forma de festexar este día contribuíndo ademáis a coidar do medio ambiente!

(Premede na imaxe para ver máis fotos) 

 


 

miércoles, 20 de abril de 2022

SEMANA DO LIBRO

 

 

Esta semana é moi especial para Lecturitas: despois dun ano agardando, por fin chegou o momento de celebrar o DÍA O LIBRO

Neste día tan sinalado, convídavos unha vez máis a que vos pasedes a visitala e gocedes dun momento de lectura na nosa biblioteca, agárdavos coas orellas abertas!

Aquí vos deixamos tamén algunha recomendación lectora para estos días, premede nas imaxes para ver os contos.

 

 

 

 

 

 


 

 FELIZ DÍA DO LIBRO


 

viernes, 1 de abril de 2022

 DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

O vindeiro sábado 2 de abril conmemórase o "DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO". Un ano máis, sumámonos a dita conmemoración sensibilizando á comunidade educativa sobre o Trastorno do Espectro Autista, a través da iniciativa: "Unha feliz viaxe pola vida", na que todo o alumnado do centro representou o que para elas e eles era ser feliz.

Premede na seguinte imaxe se queredes descubrir algún conto sobre o AUTISMO e, por suposto, non dubidedes en pasarvos pola biblioteca para ler algún deles.

 

martes, 22 de febrero de 2022

 CONTACONTOS SABELA GAGO

O pasado luns, as nenas e nos de 3º e 4º de EP puideron desfrutar dun fantástico contacontos da man de Sabela Gago.

 

Non tedes máis que botar unha ollada ás fotos para ver o ben que o pasaron!