DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO
O vindeiro sábado 2 de abril conmemórase o "DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO". Un ano máis, sumámonos a dita conmemoración sensibilizando á comunidade educativa sobre o Trastorno do Espectro Autista, a través da iniciativa: "Unha feliz viaxe pola vida", na que todo o alumnado do centro representou o que para elas e eles era ser feliz.
Premede na seguinte imaxe se queredes descubrir algún conto sobre o AUTISMO e, por suposto, non dubidedes en pasarvos pola biblioteca para ler algún deles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario