jueves, 1 de diciembre de 2022

Día das persoas con Diversidade Funcional

 



Achégase o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional e, dende a nosa biblioteca estamos convencidos que precisamos sensibilizar e concienciar a toda a nosa comunidade educativa ao respecto, co obxectivo de dirixirnos cara un mundo inclusivo e de igualdade de oportunidades. 

Así pois, traballaremos ao longo da semana co noso alumnado a través do seguinte Genially. 

Asemade empregaremos contos da exposición realizada na biblioteca ao respecto. E... como novidade este ano participaremos na Carreira ENKI na nosa escola. Pinchade no seu nome e descubride todo o que pode aportarnos. 

VOA POR UN MUNDO IMPERFECTO

No hay comentarios:

Publicar un comentario