Carlos Silvar é un dos mellores ilustradores que temos en Galicia. O venres veu ao noso colexio a presentarnos o seu último libro: O Carballo. Mostrounos as ilustracións do libro e foinos contando os segredos da árbore máis maxestuosa e lonxeva da nosa terra. Algúns exemplares mesmo chegan aos 900 anos.
Aprendimos moitas cousas sobre a importancia que ten preservar estas árbores e os bosques que forman: as fragas.
Ao remate fíxonos unha bonita dedicatoria no libro que temos no rincón Voz Natura da biblioteca do noso colexio.
Ao remate fíxonos unha bonita dedicatoria no libro que temos no rincón Voz Natura da biblioteca do noso colexio.
Comentarios
Publicar un comentario