Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

viernes, 15 de marzo de 2024

1º Xuntanza para contar CHISTES

 Esta é a primeira xuntanza na que contamos chistes, por fin o tempo acompañounos e puidemos reunirnos. Algún e algunha escachou coa risa e acabou tirado/a no chan.

 O vindeiro venres, repetimos!

LECTURITAS ESTÁ MOI CONTENTA POLA VOSA PARTICIPACIÓN!






viernes, 1 de marzo de 2024

CONTA CHISTES! Ha ha ha

orixe: guiainfantil.com

CONTA-CHISTES EN GALEGO!!!!!

Gústache facer rir aos demais ou es un neno ou nena tímido/a? 

Pois é o teu momento para sacar o mellor de ti e facer desfrutar aos demais…

ANÍMATE!

Haberá un pequeno agasallo!

Soamente tes que apuntarte na listaxe da biblioteca e  preparar o teu chiste en galego!

 O venres, 8 de marzo, agardámoste na hora do recreo!


lunes, 15 de enero de 2024

MOCHILA VIAXEIRA 🎒 🎒

Lecturitas dá a benvida ao 2º trimestre co préstamo das mochilas viaxeiras!! 


Este ano as mochilas levan unha sorpresa! 

Gozade coa lectura!

E lembrade: coidade da mochila e compartide os libros coa familia.


                                       lustración: Montse Tobella

miércoles, 13 de diciembre de 2023

A lectura ten unha maxia especial...como o Nadal!!!!!

 

Felicidades ao alumnado de 5º e 6º curso pola súa dedicación como colaboradores/as da biblioteca.

Lecturitas está moi contento, pois encántalle ver aos nenos e nenas gozando coa lectura.

miércoles, 8 de noviembre de 2023

DAMOS COMENZO AOS EMPRÉSTITOS NA BIBLIOTECA!

 


LECTURITAS QUERE LEMBRARVOS QUE XA PODEDES EMPRESTAR LIBROS NA BIBLIOTECA


O alumnado de 5º e 6º de primaria serán os encargados de realizar os empréstitos, e de colaborar noutras tarefas.





P.D: << El que ama a la lectura, tiene todo bajo su alcance>>

                                                                            William Godwin

miércoles, 18 de octubre de 2023

Agasallo de LECTURITAS

 

LECTURITAS deixounos un agasallo a todo o alumnado do noso colexio...

E un pasarporte para cada aula e fermosas chapas para cada un de nós!!!


Lembrade mañá comezan as lecturas!

 " SAWABONA "


A lectura abre as portas do mundo que desexes imaxinar!