Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana.A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións.No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

lunes, 16 de octubre de 2023

RESPOSTAS RECIBIDAS!


Ola amiguiños e amiguiñas, LECTURITAS xa recibiu as vosas respostas.👏👏👏💜

Moitas grazas por axudarlle a facer memoria e recordar os lugares que visitou a longo deste verán.

Está desexando compartir con vós as súas experiencias e propoñervos a vosa misión deste curso.


Xa escoitachedes no tarabelo que fixechedes un bo traballo. Noraboa!👍👍👍

 
       Coa visita de Lucía, a nosa orientadora, que nos explicou que a nosa mascota estivera de viaxe durante o verán, encargounos dita misión: descubrir os países, as cidades ou continentes... que visitou Lecturitas. Lucía, confirmounos que o proxecto deste ano no cole é sobre a INTERCULTURALIDADE

      Así que, aprenderemos moito sobre os países de todo o mundo, a súas culturas, a gastronomía, a cor das súas bandeiras, os monumentos máis relevantes, etc… Pero o máis importate é que aprenderemos a respectar todas as culturas do mundo e entenderemos a importancia de que exista unha convivencia pacífica entre elas

PD: non vos esquezades do conto que leu Lucía na clase: CAMIÑO Á ESCOLA

       Que sorte temos de ter un cole como o noso!! 
      
       O noso lema esta semana podería ser: VALORA E VALÓRATE!!!✌✌✌💛

No hay comentarios:

Publicar un comentario