EXPOSICIÓN MAR DE MARES
Durante estas semanas o alumnado visitará a exposición "Mar de Mares" chea de información curisiosa sobre os nosos mares, para poder resolver os diferentes retos propostos por Lecturitas.
Como cada 24 de outubro celebramos o Día das Bibiotecas Escolares e, como cada ano, Lecturitas vai visitando as aulas propoñéndonos un novo reto para este curso.
Apareceu nas nosas aulas con artiluxios e obxectos moi relacionados co Mar: un baúl con rede de pesca, un catalexo, dúas moedas piratas, dous peixes, unha caracola, unha cuncha... e unha carta misteriosa!
Nela pedíanos resolver varios misterios sobre o mar agochados na exposición Mar de Mares.
Tamén nos deixou un lenzo xigante, un caderno mariñeiro, uns sacos pequeniños... estamos ansiosas e ansiosos por descubrir máis sobre este misterio!