Logo de Sada Instrucción y apoyo

Logo de Sada Instrucción y apoyo
Logo da Sociedade "Sada y sus contornos" creada en Nova York, no 1913, por emigrantes naturais do Concello de Sada e residentes nesa cidade americana. A finalidade principal era dotar á súa vila natal de medios co que instruír ás novas xeracións. No 1927 inaugurábase a nosa escola...83 anos despois, inauguramos o blogue da súa Biblioteca. Sada, 25 Outubro do 2010.

martes, 24 de marzo de 2020

Os Futbolísimos

Propoñémosvos unha chea de xogos e novos misterios para que os sintades como os/as protagonistas dos Futbolísimos.

sábado, 21 de marzo de 2020

Actividades para facer na casa

Nestes días o máis importante é a nosa saúde, coidarnos moito e seguir as recomendacións que nos fagan os adultos. Lecturitas, que sempre está a pensar nas nenas e nenos do noso cole, proponnos unha serie de entretidas actividades que nos axudarán durante estes días na nosa casa.

Conto que explica aos máis pequenos a enfermidade e o illamento

Ideas creativas para entretenerse na casa

Visitas virtuais de marabillas do mundo

Visita os mellores museos do mundo

Visita 50 parques 

Recursos creativos

Preséntavos unha serie de ferramentas e enlaces para que os nenos e nenas creen contos, historias, comics, poesías...  Facede clic nas imaxes e coñeceredes en que consisten.








Contos na web

Son moitas as webs para contos infantís que podemos atopar, páxinas con recursos para nenos/as ou familias, con historias ordenadas por valores ou por personaxes. Contos que poderás ler ou ben audiolibros ou videolibros para que eles mesmos vexan ou escoiten a historia. Aquí tedes algunhas propostas:

Pequeocio
  

Mundo Primaria

Cuentos Cortos

Cuentosinfantilescortos

WeebleBooks


PlanetadeLibros

miércoles, 29 de enero de 2020

Obradoiro Luz na Escuridade


LUZ NA ESCURIDADE

Con motivo da celebración do día da paz, en base ao proxecto MIS+ e tomando como referencia a proposta de Illa Fantasía, levamos a cabo un traballo colaborativo para transformar a escuridade da desigualdade en luz de moitas cores.

Para iso todo o alumnado realizou un debuxo de paz sobre unha folla de cor negro que permitiu ver a posteriori todas as cores do arco da vella, como símbolo de equidade. 

Velaquí tedes o resultado!



martes, 28 de enero de 2020

Malala Yousfzai in English


INVESTIGAMOS SOBRE MALALA

Dende a área de Lingua Inglesa, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou unha investigación sobre unha muller de Paz no marco do proxecto MIS+ facendo uso dos recursos dispoñibles na biblioteca e en rede que deron como resultado un conxunto de obras pictóricas pertencentes ao noso museo da igualdade.

Bo traballo!










jueves, 19 de diciembre de 2019

Tríptico Recomendacións Lectoras Nadal


Coa chegada deste primeiro merecido descanso de Nadal, dende o equipo de biblioteca queremos deixarvos unhas recomendacións lectoras para todas as idades e tamén para as familias.

Xa sabedes que a lectura é maxia e permite descubrir, viaxar, voar... ao mundo que nós queiramos, mergulládevos nos libros en soidade, en grupo, en familia... cada experiencia será única.

Se faces clic no seguinte enlace accederedes ás recomendacións.