domingo, 26 de octubre de 2025

LECTURITAS PROPONNOS

 UN NOVO RETO 

 

Como cada 24 de outubro celebramos o Día das Bibiotecas Escolares e, como cada ano, Lecturitas vai visitando as aulas propoñéndonos un novo reto para este curso.

Apareceu nas nosas aulas con artiluxios e obxectos moi relacionados co Mar: un baúl con rede de pesca, un catalexo, dúas moedas piratas, dous peixes, unha caracola, unha cuncha... e unha carta misteriosa!

 



 

Nela pedíanos resolver varios misterios sobre o mar agochados na exposición Mar de Mares.

Tamén nos deixou un lenzo xigante, un caderno mariñeiro, uns sacos pequeniños... estamos ansiosas e ansiosos por descubrir máis sobre este misterio!

 



 




 

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario