martes, 11 de marzo de 2025

SUPERHEROÍNAS

 Continuando co proxecto
VIÑETAS DENDE SADA,  todo o alumnado deseñamos a  nosa superheroína de cómic e dotámola de superpoderes fantásticos.

Lecturitas quere felicitarvos a todos e todas por facelo tan ben. Pero agora temos unha nova misión; temos que elixir a nosa superheroína favorita entre as dezaseis finalistas seleccionadas.

 Teredes que visitar o  mural nas escaleiras do cole e votar pola que máis vos guste. É unha misión moi importante porque as máis votadas terán un papel fundamental  no cole proximamente. 

Cal será ese papel? Axiña vos seguiremos contando...


 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario