martes, 17 de diciembre de 2024

CARTA DE LECTURITAS

 LECTURITAS deixounos esta carta para os nenos e nenas do noso colexio. 

Proponnos dous novos retos para continuar co PROXECTO VIÑETAS DESDE SADA.

Agora a desfrutar das vacacións de Nadal e a prepararse para axudar a Lecturitas!

FELICES FESTAS

jueves, 12 de diciembre de 2024

AS MOCHILAS VIAXEIRAS XA ESTÁN DE CAMIÑO ÁS VOSAS CASAS

 Por fin chegaron as mochilas viaxeiras ás nosas clases para poder levalas a casa e desfrutar da lectura en familia.

Lecturitas sabe que nos gustan moito e por iso este ano encheunas de libros marabillosos e algunha sorpresa.

E non vos esquezades de compartir as vosas experiencias coas lecturas no caderno da mochila!

 

Tamén contarvos que o alumnado de Educación Infantil estreou este curso novas bolsas para realizar os seus préstamos. 


 

miércoles, 11 de diciembre de 2024

QUEN É QUEN?

 Xa está preparada a exposición QUEN É QUEN?, cos personaxes do cómic sobre os que investigamos todos os cursos no noso Proxecto Viñetas dende Sada.