Ola amiguiños e amiguiñas, LECTURITAS xa recibiu as vosas respostas.👏👏👏💜
Moitas grazas por axudarlle a facer memoria e recordar os lugares que visitou a longo deste verán.
Está desexando compartir con vós as súas experiencias e propoñervos a vosa misión deste curso.
Xa escoitachedes no tarabelo que fixechedes un bo traballo. Noraboa!👍👍👍
Coa visita de Lucía, a nosa orientadora, que nos explicou que a nosa mascota estivera de viaxe durante o verán, encargounos dita misión: descubrir os países, as cidades ou continentes... que visitou Lecturitas.
Lucía, confirmounos que o proxecto deste ano no cole é sobre a INTERCULTURALIDADE.
Así que, aprenderemos moito sobre os países de todo o mundo, a súas culturas, a gastronomía, a cor das súas bandeiras, os monumentos máis relevantes, etc… Pero o máis importate é que aprenderemos a respectar todas as culturas do mundo e entenderemos a importancia de que exista unha convivencia pacífica entre elas.
PD: non vos esquezades do conto que leu Lucía na clase: CAMIÑO Á ESCOLA.
Que sorte temos de ter un cole como o noso!!
O noso lema esta semana podería ser: VALORA E VALÓRATE!!!✌✌✌💛
No hay comentarios:
Publicar un comentario