viernes, 25 de noviembre de 2022
25N Día Internacional contra a violencia de xénero
martes, 22 de noviembre de 2022
LECTURAS NA BIBLIOTECA E MOCHILAS VIAXEIRAS
Os nenos e nenas de 4º de infantil, disfrutaron duns contos que lles contaron os seus compañeir@s da aula.
Aquí vos deixo unhas fotiños.
Está xenial que comecen tan cediño con esta afección.
En 6º de infantil están a facer uso dos libros das mochilas viaxeiras e creando unhas manualidades chulísimas.
viernes, 11 de noviembre de 2022
CRE- ARTE. ARCIMBOLDO E OUTONO
Partindo do proxecto anual deste curso, no que trataremos a ARTE, quixemos tratar a figura do artista Arcimboldo creando unhas bonitas obras de outono.
Aquí vos deixo unhas fotos.
Clicade na imaxe de Arcimboldo para acceder ao álbum de fotos.
jueves, 3 de noviembre de 2022
ACTIVIDADES DE SAMAÍN
SAMAÍN 2022
O día de Samaín puidemos disfrutar dunha actuación xenial que prepararon os nosos compañeiros de 4º de Primaria.
Trátase do conto " A min non me comas".
Déixovos máis fotos e un pequeno fragmento en vídeo para que vexades a estes grandes artistas.
DIA DA BIBLIOTECA 24 DE OUTUBRO
Que mellor maneira de conmemorar o día da Biblioteca que lendo e colaborando nela. Xa sabemos emprestar libros e cada un ten a súa función para que a biblioteca funcione á perfección.
Algúns compañeiros estiveron a preparar tamén unha obra de teatro da que disfrutamos o día de Samaín.
Na seguinte entrada colgareivos fotos da mesma.