viernes, 23 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO

 

FELIZ DÍA DO LIBRO


Hoxe é un día moi especial para Lecturitas e a nosa biblioteca porque como ben sabedes... celebramos O DÍA DO LIBRO.

Queredes saber o motivo desta celebración? Seguide a ler e coñeceredes a súa orixe...


O Día do Libro é un acontecemento anual que se celebra cada 23 de abril co gallo de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor. A orixe do Día do libro remóntase a 1926. O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega. Por este motivo (entre outros), esta data tan simbólica para a literatura universal foi escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render homenaxe mundial ao libro e aos seus autores, e alentar a todas e todos, en particular aos mais novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a impagable contribución dos creadores ao progreso social e cultural. 



En Cataluña festéxase dun xeito moi especial o Día do Libro, a Diada de Sant Jordi. Sant Jordi é considerado o patrón dos namorados en Cataluña, un heroe protector que, segundo conta a lenda, venceu ao dragón e salvou á princesa, converténdose así nun símbolo do amor e da vitoria do ben sobre o mal. Para celebrar ese día, os homes agasallan cunha rosa vermella á súa parella e as mozas a eles cun libro.

E agora que sabedes o motivo da súa celebración, Lecturitas deixavos aquí no seu blogue a LENDA DE SANT JORDI.



E para rematar... unha foto das vosas reseñas lectoras, grazas por converter os nosos corredores nun mundo máxico #lectura #día do libro #unmundodeletras.



TEMOS MOITO POR LER!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario