Lucas tiña un soño... voar.
Intentouno de moitos xeitos pero non o conseguía.
Entón un día, a súa mamá polo seu aniversario regaloulle un libro e lle dixo:
- Hai outros xeitos de voar, Lucas.
Pinchade na imaxe para ler o conto
A través deste fermosísimo libro, a súa autora Rocío Bonilla, ensínanos que a través dos libros podemos voar, viaxar a mil lugares, vivir aventuras, ser outras persoas, sentir, emocionarnos...aprender.
Nestes tempos de confinamento, que mellor cousa que ler.
Atréveste a facer a túa propia montaña de libros?
Feliz fin de semana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario