viernes, 27 de marzo de 2020

Acordámonos de ti

Nestes momentos tan difíciles, proponémosvos unha actividade para tentar axudar un pouco a aquelas persoas que agora están ingresadas nun hospital.

Facede debuxos ou cartas para trasmitirlles o voso apoio, ánimo e cariño. Despois envíaos á:
compartindoilusion@sadaycontornos.es

Nós farémosllos chegar ao persoal do hospital que os imprimirá e repartirá diariamente entre os/as pacientes ingresados/as. Podedes enviar todos os que queirades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario